Noiteboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes.
 
O costume actual en [[Galiza]] é unha cea familiar onde se comen [[marisco]]s, peixe (principalmente bacallau e pescada) e unha carne no forno (año, capón ou pavo), despois remátase con [[sobremesa]]s, tradicionalmente figos secos, castañas e noces, hoxe doces importados: [[turrón]]s, [[mazapán]]s, [[panettone]]s e tortas varias coma o [[tronco de Nadal]]. Cántanse [[panxoliña]]s acompañadas dunha [[pandeireta]] e [[vieira]]s. Tradicionalmente acendíase o [[tizón de Nadal]] e viña o [[Apalpador]]. Hoxe repártense agasallos baixo a [[árbore de Nadal]] seguindo as tradicións centroeuropeas de [[Papá Noel]], que en parte substitúe a tradición de Reis que, á súa vez, substituíu ao Apalpador propio. Aínda que non é unha noite de troula, algúns mozos si saen hoxe en día.
 
No eido relixioso, nas igrexas celébrase ás 12 da noite a misa do galo, que debe o nome ao costume de levar un [[galiña|galo]], costume documentado xa na [[Idade Media]]. Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo. Dentro da celebración festiva desta data, inclúense bromas entre os fieis que asisten á misa, como cose-las saias de dúas mulleres que senten xuntas ou botar tinta na pía da auga bendita.