Cabo Touriñán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
O cabo é unha pequena [[península]] que se introduce no mar preto de 1 km, tendo na súa parte máis estreita un [[istmo]] de centenar e medio de metros de ancho, entre os [[coído]]s de Balal e de Cuño. A altitude máxima son 93 metros sobre o nivel do mar. A estrutura xeolóxica é [[granito|granítica]]. A erosión da rocha propiciou a formación de depósitos de cantos rodados, coñecidos como [[coído]]s e formacións de penedías que forman barras pétreas (laxes) que a marea cubre ou deixa ao descuberto, formándose algún illote como A Ínsua ou O Castelo, na cara oeste do cabo. A punta occidental do cabo, denominado Os Buxeirados, ofrece unha serie de laxes que penetran no mar uns 300 ou 400 metros, coñecidos como A Laxe de Buxeirados ou Baixos de Buxeirados, moi perigosa para a navegación, onde se teñen rexistrados algúns graves naufraxios de que hai constatación documental.
 
Dado o agreste da paraxe, a vexetación está basicamente formada de [[queiroa]]s e [[Ulex|toxo]].
 
[[Ficheiro:Illa do Castelo, Touriñán.jpg|miniatura|esquerda|200px|Illa do Castelo.]]