Miro Pereira: Diferenzas entre revisións

personaxe da serie de televisión Pratos combinados
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|200px|Miro Pereira nunha escena de [[Pratos combinados.]] '''Ramiro''' "Miro" '''Pereira''' é un personaxe de ficción da comedia galega Pra..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2013 ás 12:13

[[Archivo:Miro Pereira.png|thumb|200px|Miro Pereira nunha escena de Pratos combinados.]]

Ramiro "Miro" Pereira é un personaxe de ficción da comedia galega Pratos combinados interpretado por Ernesto Chao. Apareceu nos 261 episodios, como o protagonista. É o dono do Bar Suízo.

Características

Miro Pereira, físicamente, é un home calvo e alto, e tamén é moi forte, capaz de levantar cunha soa man a persoas más pequenas ca el. O seu rasgo máis característico é a súa escasa intelixencia, xunto coa súa avaricia e escasa disposición por traballar, ademáis da súa patosidade. Non obstante, cando se trata de sacar beneficios mediante diferentes plans co seu cuñado Antón (ao cal chama "mirillas", "miñoca" e outros nomes varios), é capaz de desenrolar astucia e sagacidade.

É o dono do Bar Suízo, para mal dos seus clientes, xa que sempre reciben un mal servizo, mediante as súas ideas culinarias como o café feito con mondas de patacas e o bocadillo de xamón sen xamón, e aínda por riba, cóbralles un precio excesivo.

Relacións

Balbina Santos

É a súa muller, a cal non ten moita confianza nel, xa que sempre desconfía cando Miro argalla algo con Antón. Posteriormente, abandona o bar Suízo para marchar a Baiona para rexentar un hostal coa súa filla.

Antón Santos

É o irmán de Balbina e, por tanto, o cuñado de Miro. A diferencia de Miro, é moito máis intelixente, sobre todo á hora de argallar plans para sacar cartos. Ao igual que Miro insúltao con nomes anteriormente mencionados, Antón tamén o insulta con nomes como "pailán". Ao final dos episodios, acostuma acabar perseguido por Miro, con intención de golpealo por fallar nos seus plans.

Carmen Ríos

É a súa nai, á cal ten en alta estima. Miro adora as súas empanadas, recoñecidas por todos. Aínda que ao principio vivía con Miro, posteriormente foi vivir a unha casa na aldea ela soa.