Igrexa católica latina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 56:
 
===Disciplina===
Como Igrexas plenamente católicas (en comuñón coa [[Santa Sé]]), as diferentes [[igrexa particular|Igrexas particulares]] non teñen diferenzas doutrinais. Porén, existen entre as diferentes Igrexas unha serie de diferencias en materias disciplinarias. Estas disciplinas non se consideran de orixe divino e, xa que logo, existe a hipotética posibilidade de que sexan sometidas a cambios, aínda que moitas delas teñen existido dende hai séculos. Algunhas das características disciplinarias da Igrexa Latina son as seguintes:
* A Igrexa Latina ríxese polo [[Código de Dereito Canónico]], promulgado por [[Xoán Paulo II]] en 1983, mentres que as [[igrexas católicas orientais]] ríxense polo [[Código dos Canons das Igrexas Orientais]].
* O [[celibato]] é obrigatorio para os [[sacerdote]]s da Igrexa Católica Latina.<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0020/__PX.HTM CIC, canon 277 §1] {{es}}</ref> Ao tratarse dunha norma disciplinar (non doutrinal), permítense algunhas excepcións nos casos de varóns casados que, logo de exercer labores pastorais noutras [[denominacións cristiás]], únense á Igrexa, como no caso dos cregos [[anglicanismo|anglicanos]] que uníronse aos [[ordinariato persoal|ordinariatos persoais]].<ref>[http://www.vatican.va/holy_father/benedict_xvi/apost_constitutions/documents/hf_ben-xvi_apc_20091104_anglicanorum-coetibus_en.html ''Anglicanorum coetibus'', VI §§1-2]</ref> Isto contrasta coa disciplina da maioría das [[igrexas católicas orientais]], nas que pódense ordenar como [[sacerdote]]s (nunca como [[bispo]]s) homes casados.