Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
O deseño do Panzer I pode trazarse dende o vehículo blindado de combate ''Landwirtschaftlicher Schlepper'' (La S) de [[1932]]. O La S non foi pensado só para adestrar as tripulacións alemás, senón para preparar á industria para a produción de carros de combate en masa de cara o futuro próximo: unha fazaña difícil para a enxeñería do momento<ref>Franco, Panzer I, p. 4</ref>. En xullo de [[1932]], [[Krupp]] revelou un prototipo do ''Landswerk Krupp A'', ou LKA, cunha placa frontal inclinada e unha gran casamata central, un deseño fortemente influenciado pola tanqueta británica [[Carden Loyd]]. O carro estaba armado con dúas obsoletas metralladoras de 7,92mm MG-13 Dreyse<ref>Franco, Panzer II, pp.4–5</ref>. As metralladoras eran coñecidas por ser bastante inútiles incluso contra as blindaxes máis lixeiras dos carros da época, relegando ao Panzer I ao adestramento e ao combate contra a infantería<ref>McCarthy, Panzerkrieg, p. 31</ref>.
 
Unha versión producida en masa do LKA foi deseñada por un equipo formado por [[Daimler-Benz]], [[Henschel]], [[Krupp]], [[MAN]] e [[Rheinmetall]], cambiando a casamata pur unha torreta rotatoria. Esta versión foi aceptada en servizo despois de ser probada en [[1934]]<ref>Perett, German Light Panzers, p. 4</ref>. Aínda que eses carros foron referidos como La S e LKA despois do inicio da produción, a súa desinación oficial, asignada en [[1938]], foi ''Panzerkampfwagen I Ausführung. A'' ('modelo A' ou, máis exactamente, 'lote A')<ref>Franco, Panzer I, pp. 5–6</ref>. Os primeiros 15 carros, producidos entre febreiro e marzo de [[1934]], non incluían a torreta rotatoria e foron usados para adestramento de tripulacións<ref>Franco, Panzer I, p.6</ref>.
 
== Variantes ==