Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
Pouco despois da súa chegada ao poder, [[Adolf Hitler]] aprovou a creación das primeiras divisións panzer alemás. Simplificando a súa primeira proposta, Guderian suxeríu o deseño dun vehículo principal de combate que acabaría sendo o [[Panzer III]], e dun carro de avance, o [[Panzer IV]]<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 9</ref>. Como medida de emerxencia, o exercito alemán ordenou un vehícuo preliminar para adestrar ás tripulacións. Este sería o Panzer I<ref>McCarthy, Panzerkrieg, p.31</ref>.
 
O deseño do Panzer I pode trazarse dende o vehículo blindado de combate ''Landwirtschaftlicher Schlepper'' (La S) de [[1932]]. O La S non foi pensado só para adestrar as tripulacións alemás, senón para preparar á industria para a produción de carros de combate en masa de cara o futuro próximo: unha fazaña difícil para a enxeñería do momento<ref>Franco, Panzer I, p. 4</ref>. En xullo de [[1932]], [[Krupp]] revelou un prototipo do ''Landswerk Krupp A'', ou LKA, cunha placa frontal inclinada e unha gran casamata central, un deseño fortemente influenciado pola tanqueta británica [[Carden Loyd]]. O carro estaba armado con dúas obsoletas metralladoras de 7,92mm MG-13 Dreyse<ref>Franco, Panzer II, pp.4–5</ref>. As metralladoras eran coñecidas por ser bastante inútiles incluso contra as blindaxes máis lixeiras dos carros da época, relegando ao Panzer I ao adestramento e ao combate contra a infantería<ref>McCarthy, Panzerkrieg, p. 31</ref>.
 
== Variantes ==