Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 25:
 
Nos últios anos 20 e primeiros 30 a teoría dos carros alemáns foi iniciada por dúas figuras: o xeneral [[Oswald Lutz]] e o seu xefe de gabinete, o tenente coronel [[Heinz Guderian]]. Guderian converteuse no máis influínte dos dous, e as súa ideas foron amplamente publicitadas. Ao igual que o seu contemporáneo Sir [[Percy Hobart]], Guderian inicialmente concebíu uns corpos blindados (''panzerkorps'') compostos por varios tipos de carros de combate. Isto incluía un carro de infantería lento, armado cun canón de pequeno calibre e varias metralladoras. O carro de combate de infantería, segundo Guderian, estaría fortemente blindado para defenderse de canóns ati-carro e artillería inimiga. Tamén concebíu un carro de avance rápido, semellante ao [[Cruiser]] británico, que estaría blindado contra armas anti-carro inimigas e levaría un canón principal de 75mm. Por último, [[Alemaña]] precisaría un carro pesado, cun gran canón de 150mm para derrotar fortificacións inimigas, e cunha forte blindaxe. Dito carro de combate requeriría un peso de entre 70 e 100 toneladas e era completamente debido ás capacidades de fabricación da época<ref>Guderian, Achtung-Panzer!, pp.169–170</ref>.
 
Pouco despois da súa chegada ao poder, [[Adolf Hitler]] aprovou a creación das primeiras divisións panzer alemás. Simplificando a súa primeira proposta, Guderian suxeríu o deseño dun vehículo principal de combate que acabaría sendo o [[Panzer III]], e dun carro de avance, o [[Panzer IV]]<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p. 9</ref>. Como medida de emerxencia, o exercito alemán ordenou un vehícuo preliminar para adestrar ás tripulacións. Este sería o Panzer I<ref>McCarthy, Panzerkrieg, p.31</ref>.
 
== Variantes ==