Panzer I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 23:
 
A pesar das limitacións de man de obra e técnicas impostas ao exército alemán polo Tratado de Versalles, varios oficiais do ''Reichswehr'' estableceron un Estado Maior clandestino para estuudar a [[Primeira Guerra Mundial]] e desenvolver futuras estratexias e tácticas. Aínda que ao principio o conceto de carro de combate como arma de guerra móbil foi acollido con apatía, a industria alemá animouse en silecio a estudar o deseño destes vehículos, mentres levouse a cabo a cooperación silenciosa coa [[Unión Soviética]]<ref>Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, pp. 6–7</ref>. Houbo tamén cooperación militar a pequena escala con [[Suecia]], como a extración de datos técnicos que resultaron moi valiosos nos primeiros deseños de carros alemáns<ref>Perett, German Light Panzers: 1932–42, p.4</ref>. Xa a comezos de [[1926]] varias compañías alemás, como [[Rheinmetall]] e [[Daimler-Benz]], fabricaran un prototipo armado cun gran canón de 75mm (chamado ''Großtraktor'', "gran tractor", para agochar o verdadeiro propósito do mesmo)<ref name=FrancoPanzerI3>Franco, ''Panzer I: El Inicio de una Saga'', p.3</ref>. Só dous anos despois as compañías alemás fabricaron prototipos do novo ''[[Leichttraktor]]'' ("tractor lixeiro"), armado con canóns de 37mm KwK L/45<ref>Franco, Panzer I: El Inicio de una Sage, p.3; Gander, Tanks & Armour: Panzerkampfwagen I & II, p.7</ref>. O ''Großtraktor'' foi posteriormente posto en servizo durante un breve período de tempo coa División Panzer 1; o ''Leichttraktor'' estivo a proba ata o ano [[1935]]<ref name=FrancoPanzerI3 />.
 
Nos últios anos 20 e primeiros 30 a teoría dos carros alemáns foi iniciada por dúas figuras: o xeneral [[Oswald Lutz]] e o seu xefe de gabinete, o tenente coronel [[Heinz Guderian]]. Guderian converteuse no máis influínte dos dous, e as súa ideas foron amplamente publicitadas. Ao igual que o seu contemporáneo Sir [[Percy Hobart]], Guderian inicialmente concebíu uns corpos blindados (''panzerkorps'') compostos por varios tipos de carros de combate. Isto incluía un carro de infantería lento, armado cun canón de pequeno calibre e varias metralladoras. O carro de combate de infantería, segundo Guderian, estaría fortemente blindado para defenderse de canóns ati-carro e artillería inimiga. Tamén concebíu un carro de avance rápido, semellante ao [[Cruiser]] británico, que estaría blindado contra armas anti-carro inimigas e levaría un canón principal de 75mm. Por último, [[Alemaña]] precisaría un carro pesado, cun gran canón de 150mm para derrotar fortificacións inimigas, e cunha forte blindaxe. Dito carro de combate requeriría un peso de entre 70 e 100 toneladas e era completamente debido ás capacidades de fabricación da época<ref>Guderian, Achtung-Panzer!, pp.169–170</ref>.
 
== Variantes ==