Ponte de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
A ponte dispón de tres vans: os laterais de 147,42 metros, e o central de 400,14 metros de luz entre os eixos dos piares centrais. O taboeiro resólvese cunha estrutura metálica atirantada con cables de aceiro, cun ancho de 23,46 metros e un canto de 2,46 metros. Os piares centrais son de formigón armado de 118,60 metros de altura. As travesas dos piares principais son de formigón postesado. Para acceder a ponte, conta con dous viadutos de formigón pretensado, de 753 metros no lado sur e 106 metros no lado norte.
 
Con estas dimensións, no momento da súa construción foi unha das pontes cun maior van central do mundo dentro desa tipoloxía concreta de pontes de cables atirantados, e a número un dentro da [[Península Ibérica]]. No ano 2013, no ranking de pontes desa tipoloxía, foiera a ponte número 103 cun maior van central e a segunda de [[España]], por detrás da [[ponte do Enxeñeiro Carlos Fernández Casado]] que cruza o [[encoro de Barrios de Luna]], na [[provincia de León|provincia de León]].
 
Actualmente soporta un tráfico de mais de 50.000 vehículos ao día. Dende a súa apertura ao tráfico en [[1981]] xa pasaron por ela máis de 230 millóns de vehículos. Por mor deste intenso tráfico está prevista a súa ampliación cun carril mais por sentido polos lados exteriores da ponte, que serían exclusivos para o acceso aos vehículos con orixe e destino a [[Península do Morrazo]].