Turrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O '''turrón''' é un [[doce]] de forma rectangular que se fai con [[améndoa]]s amasadas con [[mel]] ou [[azucre]] e é típico do litoral mediterráneo español. Introducido en Galiza nos últimos anos, é xa unha sobremesa de obriga polo [[Nadal]]<ref>Definición no Portal das Palabras - http://portaldaspalabras.org/buscador?id=305169&sinom=0</ref>. Moitas veces calquera doce semellante feito con [[Froito seco|froitos secos]], xema de ovo, coco, chocolate ou froitas conservadas en azucre recibe o mesmo nome.
 
A masa obtense coa cocedura do [[mel]] (ou [[azucre]]s) ao que se lle engaden as améndoas peladas e torradas. A dita masa pódeselle engadir, ou non, [[clara de ovo|clara]] de [[ovo (alimento)|ovo]] para que emulsione. A pasta é posteriormente amasada e tradicionalmente se lle dá forma final de táboa rectangular ou [[torta]]. Os núcleos principais de produción en España áchanse nas provincias de [[Alacant|Alacante]], [[Valencia]] e [[Lleida]], e en menor medida na [[provincia de Toledo]] e os municipios [[Estremadura|estremeños]] de [[Castuera]] e [[Garrovillas de Alconétar]]. A elaboración do turrón concéntrase nas producións de repostaría tradicional de [[Xixona]] ([[Provincia de Alacant|Provincia de Alacante]], [[Comunidade Valenciana]]), [[Casinos]] ([[Provincia de Valencia]], [[Comunidade Valenciana]]) e [[Agramunt]], [[Cataluña]], preséntase nunha variedade coas améndoas á vista (e que popularmente se lle denomina ''turrón duro''), ou o [[turrón de Xixona]] que presenta as améndoas moídas e é de aparencia mol (e que popularmente se lle denomina ''turrón brando'').
 
== Historia ==