Enolase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 78:
 
==Inhibidores da enolase==
Sintetizáronse pequenas moléculas [[inhibidor encimático|inhibidoras]] da enolase para usalas como sondas químicas do mecanismo catalítico do encima. A máis potente delas é o fosfonoacetohidroxamato, que na súa forma non protonada ten afinidade pM polo encima. Ten unha semellanza estrutural co presunto intermediato catalítico que se forma entre o PEP e o 2-PG. Fixéronse intentos de usar este inhibidor como un fármaco anti-[[tripanosoma]], e máis recentemente, como un axente anticancro, especificamente nos glioblastomas que son deficientes en enolase debido á deleción [[homocigoto|homocigótica]] do xene ENO1 como parte do [[locus]] 1p36.
 
O [[fluoruro]] é un [[inhibición encimática|competidor]] coñecido do substrato da enolase 2-PG. O fluoruro forma parte dun complexo co magnesio e o fosfato, que se une ao sitio activo en lugar do 2-PG.<ref name="Hoorn" /> Beber auga fluorada proporciona un nivel de fluoruro que inhibe a actividade da enolase das [[flora oral|bacterias da boca]] sen causar dano aos humanos. A interrupción da vía glicolítica das bacterias é unha prevención da [[carie]].<ref>{{cite journal |author=Centers For Disease Control |title=Populations receiving optimally fluoridated public drinking water—United States, 2000 |journal=MMWR Morb Mortal Wkly Rep. |volume=51 |issue=7 |pages=144–7 |year=2002 |month= February|pmid=11905481 |author1=Centers for Disease Control and Prevention (CDC) }}</ref><ref>{{cite journal |author=Hüther FJ, Psarros N, Duschner H |title=Isolation, characterization, and inhibition kinetics of enolase from Streptococcus rattus FA-1 |journal=Infect Immun. |volume=58 |issue=4 |pages=1043–7 |date=1 April 1990|pmid=2318530 |pmc=258580 |url=http://iai.asm.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=2318530 }}</ref>