Orraca de Galicia, Castela e León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q128701
Liña 23:
 
== Biografía ==
Antes da morte do seu pai, gobernou o [[Reino de Galicia]] a modo de tenza feudal, sendo nomeado o seu marido, [[Raimundo de Borgoña]], Conde de GalizaGalicia. Foi nai de Afonso Raimúndez, proclamado rei en [[1111]] -co obxecto de preservar os seus dereitos ao trono e, en todo caso, ao reino galego-, e futuro [[Afonso VII]]. O reinado de Dona Urraca constituíu un momento de encrucillada decisivo para o futuro dos reinos cristiáns occidentais.
 
Despois de enviuvar en [[1107]], casou en segundas nupcias con [[Afonso I de Aragón]], parente seu afastado, unha vez que ambos eran bisnetos de [[Sancho III de Navarra]]. Isto provocou a anulación do matrimonio polo papa [[Pascual II]], mais eles permaneceron xuntos até [[1114]]. (Porén, a mediados de 1110, fíxose amante do conde [[Pedro González de Lara]], que se converteu nunha das figuras máis influentes do reino, e a quen Urraca deu dous fillos: Elvira Pérez de Lara e Fernando Pérez Furtado, así chamado porque se lle privou da herdanza por ser bastardo. Elvira casou con Bertrán de Risnel, conforme ao disposto polo seu medio irmán Afonso VII).<ref>Barton, Simon (1977): ''The Aristocracy in Twelfth-century León and Castile''. Cambridge: Cambridge University Press, p. 51.</ref>
 
Ademais, a propia nobreza de [[reino de León|León]] e [[reino de Castela|Castela]] opúxose ao matrimonio, xerándose un clima de guerra civil no reino. En fin, tivo tamén que facer fronte ao propio fillo, tornado [[reino de Galicia|rei da GalizaGalicia]], para poder manter o trono. Cando Urraca morreu, foi o seu fillo quen a sucedeu á fronte dos destinos do país.
{{Reis de GalizaGalicia}}
 
== Goberno de Galicia ==
En 1093, aos 12 anos, casa con [[Raimundo de Borgoña]] membro da familia condal de Borgoña e vén a Galicia para compartir con el o seu goberno. Sempre leais ao monarca leonés, non renunciaron á dignidade do seu cargo. Así, en documentos de 1095 e 1105, referidos á concesión de dereitos aos [[burgués|burgueses]] composteláns, asina coa expresión ''Urraca regina''.