Nuno Freire de Andrade, o Mao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
Nuno Freire era fillo do segundo señor da [[Casa de Andrade]], [[Pedro Fernández de Andrade]] e de dona [[Mencía de Meira]]. Herdou do seu pai sendo aínda novo, cando este faleceu a inicios do [[século XV]], o señorío de [[Ferrol]], [[Pontedeume]], [[Vilalba]] e outras localidades.
 
A súa actuación inicial dirixiuse a ampliar os seus dominios a costa de estados eclesiásticos, primeiro tentando facerse cos [[wikt:couto|couto]]s de [[Muniferral]] e [[Feás, Aranga|Feás]] (no actual concello de [[Aranga]]), prosesión da [[Catedral de Santiago de Compostela|Mitra compostelana]], da que á fin obtivo o arrendo dos coutos por dez anos en [[1411]], e logo edificando no porto da [[granxa de Reparada]] (actual [[Covas (parroquia)|Covas]], na terra de Trasancos), propiedade do mosteiro cisterciense de [[Mosteiro de Sobrado|Sobrado]], que se opuxo a el en [[1410]]. Este mosteiro xa preiteara por esta granxa co seu pai [[Pedro Fernández de Andrade]]. Por contra foi xeneroso con [[Mosteiro de Monfero|Monfero]].
 
En [[1428]], recibiu nos seus estados ao infante [[Henrique de Aragón]], a quen hospedou obsequiosamente. Logo acompañou ao rei [[Xoán II de Castela|Xoán II]] a terras de [[Aragón]], no ano seguinte, con numerosa hoste durante a guerra contra os aragoneses que apoiaban aos Infantes de Aragón. Nuno Freire acabada a guerra en [[1430]], non tiña outro remedio que compensar e pagar ben aos seus homes<ref>Resúmese a Couceiro Freijomil, A., ''Historia de Puentedeume''. Pontedeume. 1981, páxs. 181-184</ref> .