Vicente Rojo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
En [[1911]] ingresa na Academia de [[Infantería]] de [[Toledo]], da que sae en [[1914]] co grao de [[subtenente]], obtendo o número 4 nunha promoción de 390 cadetes. Logo de estar destinado en [[Barcelona]] pasou ao Grupo de [[Regulares]] de [[Ceuta]] e posteriormente de novo a Barcelona e a [[La Seu d'UrgelkUrgell]].
 
En [[1922]], xa como [[capitán]], volve á Academia de Infantería, onde ocupa diversos postos docentes e de administración. Foi un dos redactores dos plans de estudo das materias de Táctica, Armamento e Tiro para a nova etapa da Academia de [[Zaragoza]]. É neste período na Academia cando colabora na fundación e dirección da ''Colección Bibliográfica Militar'', colección sobre temas militares que acadou ampla difusión en España e no estranxeiro, xunto co tamén capitán Emilio Alamán. En agosto de [[1932]], abandona a Academia para ingresar na Escola Superior de Guerra co obxectivo de realizar o curso de Estado Maior.