Urheimat dos indoeuropeos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
a
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 40:
A idea de que os indoeuropeos proveñen do norte, malia nacer sobre bases teóricas non sempre científicas, logo atopou apoio en amplos estudos de carácter lingüístico e no que o léxico reconstruído semella indicar sobre a [[fauna]] e a [[flora]] das rexións onde poderían ter vivido as tribos que falaban a protolingua.
 
O léxico reconstruído semella ter palabras comúns facilmente individualizábeis para plantas como a [[faia]] ou o [[carballo]], para animais como o [[cervo]], o [[salmónsalmo (xénero)|salmón]], o [[lobo]], mentres que animais como o [[león]] non teñen unha marca léxica clara e unívoca. Cruzando as áreas das especies que se identifican cos animais cuxos nomes son comúns no protoléxico, pensouse que se había poder extraer con suficiente exactitude a situación da ''Urheimat''.
 
En xeral, as indicacións da paleontoloxía lingüística semellan excluír a Europa mediteránea. A área antiga das especies consideradas, e doutras, semella estar comprendida entre o [[río Elba|Elba]], o [[río Danubio|Danubio]] e o [[río Volga|Volga]] e o [[río Ural|Ural]]<ref name="indoeuropeos"/>. A partir destas grandes indicacións, os diversos estudosos collen por camiños diferentes: así, por exemplo, [[Giacomo Devoto]] coloca a patria orixinaria nunha área comprendida entre a Alemaña e a Polonia actuais; segundo a hipótese de [[Pedro Bosch-Gimpera|Bosch-Gimpera]] a Urheimat estaba a metade de traxecto entre a chaira alemá occidental e a chaira sarmática occidental; [[Wolfgang Schmid]] coloca a Urheimat decididamente no Báltico, entre Pomerania e Lituania; e está finalmente a hipótese de [[Marija Gimbutas]]<ref name="Marija Gimbutas">Marija Gimbutas. ''Proto-Indo-European culture: the Kurgan culture during the fifth to the third millenia B.C.'' in George Cardona, Henry M. Hoenigswald, Alfred Senn ''Indo-European and Indo-Europeans: Papers Presented at the Third Indo-European Conference at the University of Pennsylvania'', Philadelphia University of Pennsylvania Press, 1970, pax. 155–198.</ref> (reproposta por [[J. P. Mallory]]) da colocación da Urheimat na estepa uralo-póntica.
Liña 49:
* [[lobo]]: o termo indoeuropeo para este animal é '''*wlk<sup>w</sup>ós''', que nas linguas indoeuropeas mediterráneas está testemuñado na variante '''*luk<sup>w</sup>os''', con [[metátese (lingüística)|metátese]] entre *l e *w.
* [[can]]: o termo indoeuropeo '''*k<sup>w</sup>ōn''' (xen. '''*kunós''') define o primeiro animal domesticado polo home; as reconstrucións dos estudosos que conectan o indoeuropeo á máis vasta superfamilia [[lingua nostrática|nostrática]], semellan indicar que a palabra e´común a máis familias lingüísticas, indoeuropeas e non indoeuropeas; a reconstrución nostrática e eurasiática da palabra can é unha das máis dignas de confianza (o [[nostrático]] é unha hipotética protolingua do [[mesolítico]] tardío, época na que ten lugar a domesticación do can)- non é relevante canto á súa área de distribución.
* [[salmónsalmo (xénero)|salmón]]: a palabra indoeuropea é '''*laks''', que nas linguas indoeuropeas mediterráneas (como o latín: ''salmo'') foi substituída por unha palabra derivada dunha raíz *sal- que significa, "saltar, subir, remontar" (área de dispersión: ríos que desembocan no Báltico, pero tamén Danubio e Volga);
* [[faia]]: a palabra indoeuropea é '''*bhāghos''', que podería tanto referirse a ''fagus silvatica'' (Europa occidental), como a ''fagus orientalis'' (Cáucaso e Urais).
* [[león]]: para o león quíxose reconstruír unha raíz '''*singho-s''', a partir do [[lingua sánscrita|sánscrito]] ''simha'' (león) e do [[Lingua albanesa|albanés]] ''inj'' ([[leopardo]]). Dado que se atopa en áreas tan remotas a unha da outra, a raíz debe ser por forza orixinaria (Walde-Pokorny-Devoto). Porén é de notar que esta, en dúas linguas distintas, se refire a dous animais diferentes, que non teñen máis en común que o feito de seren grandes felinos salvaxes. Débes e considerar o feito de que, respecto ao conxunto dos outros lemas referidos a animais, que son bastante unívocos (en cada caso, a distinción entre dous tipos de faia salta menos á vista cá que hai entre un leopardo e un león), este lema é particularmente inseguro na súa interpretación. A idea que resulta é que '''*singho-''' indicaría máis que nada un gran felino. Aparecen, pois, dúas posibilidades: ou o albanés ou o sánscrito testemuñan o significado orixinario. Pero, se o significado orixinario é "león", terían razón os que propugnan a hipótese que quere a ''Urheimat'' na India. Porén, este dato estaría en fortísima contradición cos outros, en particular con '''*bhāghos''', a faia. Se no canto diso partimos do presuposto de que o étimo orixinario se conservou no albanés, as cousas cambian radicalmente. O leopardo, na idade antiga, estaba difundido na [[Europa oriental]], preto do [[Cáucaso]], e en [[Anatolia]]. Agora, se aceptamos que '''*singho-''' significa "leopardo", as posibilidades da '''Urheimat''' restrínxense: ou Cáucaso-área anatólica (Renfrew, Gamkrelidze, Ivanov), ou interesamento primitivo da área nor-póntica (Gimbutas). Dado que cada elemento debe ser considerado no contexto de todos os outros elementos dispoñíbeis, o conxunto dos datos relativos ás áreas de dispersión das especies identifican unha zona restrinxida ao leste do [[Mar de Azov]], pouco ao norte do Cáucaso, como o lugar no cal os indoeuropeos podían ter atopado todos os animais e as plantas notábeis das que fala o protoléxico.