Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Vesuvius 79 AD eruption Latina.svg|miniatura|dereita|350px|Erupción do [[Monte Vesuvio|VesubioVesuvio]] no ano [[79]].]]
A cidade de '''Pompeia''', xunto con [[Herculano]] e moitos outros lugares máis pequenos e situados ao redor da [[Baía de Nápoles]], foron municipios romanos destruidos pola erupción do [[Monte Vesuvio|VesubioVesuvio]] no ano [[79]]. A erupción foi descrita por [[Plinio o Novo]], cuxo tío [[Plinio o Vello]] morreu despois de realizar varias viaxes pola baía cunha flota de barcos de pesca para salvar algunhas persoas que estaban pechadas nos pobos costeiros.
 
== Orixes de Pompeia ==
Liña 9:
Pompeia participou na guerra que as cidades da Campania iniciaron contra [[Roma]], pero no ano [[-89|89 a.C.]] foi asediada por [[Lucio Cornelio Sulla]]. Aínda que as tropas da Liga Social, comandadas por [[Lucio Clementio]] axudaron na resistencia aos romanos, no ano [[-80|80 a.C.]] Pompeia viuse obrigada a aceptar a rendición tras a conquista de [[Nola]]. Tras este episodio converteuse nunha colonia co nome de ''Colonia Cornelia [[Venus (deusa)|Veneria]] Pompeianorum''. A cidade converteuse nun importante punto de paso de mercadorías que chegaban por vía marítima e que eran enviadas cara a Roma ou cara o sur de Italia seguindo a próxima [[Via Apia]].
 
No ano [[62]] un terremoto estragou seriamente Pompeia e outras cidades próximas. Durante o período que vai entre ese ano e o ano [[79]], ano da erupción do VesubioVesuvio, a cidade foi reconstruída, quizais con maior suntuosidade nos edificios e máis arte que antes.
 
== O VesubioVesuvio sepulta a cidade ==
En agosto do ano [[79]] unha erupción do monte VesubioVesuvio escureceu o ceo e sepultou a cidade. As únicas crónicas fiábeis do ocorrido foron escritas por [[Plinio o Novo]] nunha carta enviada ao historiador [[Publio Cornelio Tácito]]. Plinio observou desde a súa vila en [[Miseno]] (a 30 km do [[Monte Vesuvio|Vesuvio]]) un estraño fenómeno: unha gran nube escura con forma de piñeiro saíndo do cume do monte. Ao cabo dun tempo, a nube descendeu polas abas do VesubioVesuvio e cubriu todo polos arredores, incluíndo o mar.
 
A "nube" sobre a que escribiu Plinio coñécese actualmente como fluxo [[piroclástico]], unha nube de gas, cinza e rocha sobrequentados que é expulsada por un [[volcán]]. Plinio constatou que houbo varios tremores de terra antes e durante a erupción. Tamén anotou que as cinzas caían en capas moi gordas e Miseno tivo que ser evacuada.