FC Bayern München: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "FC_Bayern_Erfolge.JPG" que foi borrado en Commons por Jameslwoodward. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/Files in Category:FC Bayern München
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 58:
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Franz Beckenbauer 22-6-74.png|miniatura|esquerda|220px|[[Franz Beckenbauer]].]]
No ano [[1900]] o club de [[ximnasia]] de [[Múnic]] (MTV 1879) celebrou unha a asemblea de membros para crear un equipo de fútbol, na que se decidiu que os futbolistas do club non se asociarían á [[Federación Alemá de Fútbol]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Deutscher Fußball-Bund'', DFB), polo que once membros interesados na división deixaron a xuntanza, e ese mesmo anoitecer do [[27 de febreiro]] de [[1900]] {{idade|27|02|1900}} foi fundado o ''Fußball Club Bayern München''. Algúns meses despois da fundación o Bayern comezou a lograr vitorias contra tódolos seus rivais locais, acadando as semifinais do Campionato do Sur de Alemaña na tempada [[1900]]-[[1901|01]]. En [[1906]] fusionouse co Münchner Sport Club. Nos anos seguintes o club gañou algúns trofeos locais e en [[1910]]-[[1911|11]] o Bayern uniuse á recentemente fundada ''Kreisliga'', a primeira liga de Baviera. Na primeira edición da liga conseguiron o título, aínda que non volveron repetir até o comezo da [[Primeira Guerra Mundial]] en [[1914]], a cal detivo tódalas competicións de fútbol alemás.
 
Nos anos da posguerra, o Bayern gañou varias competicións rexionais antes de gañar o seu primeiro Campionato do Sur de Alemaña en [[1926]], éxito que se repetiu dous anos máis tarde. O seu primeiro [[Fußball-Bundesliga|título nacional]] non o conseguiu até [[1932]], cando o adestrador [[Richard Kohn]] dirixiu ao equipo cara ao campionato alemán derrotando por 2 a 0 ao [[Eintracht Frankfurt]] na final.
Liña 326:
O Bayern considérase a si mesmo un club nacional. O equipo ten máis de 147.000 membros e 2.437 clubs de fans, facéndoo o club co maior número de seguidores en [[Alemaña]]. Debido a que o club ten seguidores por todo o país, nos últimos anos tódolos partidos do Bayern como visitante supoñen a venda de tódalas entradas para presencialos. A pesar de que unha grande proporción dos seus seguidores teñen que percorrer regularmente máis 200 [[km]], os partidos do club como local no [[Allianz Arena]] case sempre venden o aforo completo. Segundo un estudo por Sport+Markt é o quinto club máis popular do fútbol europeo con 20,7 millóns de seguidores, e o club de fútbol máis popular en [[Alemaña]] con 10 millóns de seareiros.
 
O Bayern é tamén coñecido polos seus [[Ultras (deporte)|ultras]]. Os grupos máis prominentes son os ''Schickeria München'', os ''Red Munichs '89'', os ''Südkurve '73'', os ''Munichmaniacs 1996'', o ''Service Crew Munich'', os ''Red Angels'', os '' Tavernen Crew München'' e os ''Red Sharks''. "Stern des Südens" é o himno que cantan os seguidores nos seus partidos na casa. Nos 90' tamén adoitaban cantar ''FC Bayern, Forever Number One''. O seguinte é o retrouso de "Stern des Südens" (do [[Lingua alemá|alemán]]: ''estrela do sur''):
{|
|