Ponciano, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Antero, papa
m arranxiño
Liña 8:
Ó igual que os seus antecesores, enfrontouse ó [[antipapa]] [[Hipólito, antipapa|Hipólito]], que mantivo o cisma que iniciara ó negarse a recoñecer a Ponciano como papa. Porén, a subida ó trono do imperio de [[Maximino Tracio|Maximino o Tracio]], que reactivou as persecucións contra os cristiáns, supuxo que tanto Ponciano como Hipólito fosen deportados ás minas de sal de [[Sardeña]], onde lograron reconciliar as súas posturas, poñendo fin ó primeiro cisma que sufrira a Igrexa ó abdicar ambos a favor de [[Antero, papa|Antero]].
 
Pouco despois da abdicación Ponciano e Hipólito foron martirizados ó seren azoutados ata a morte, tralo que os seus corpos foron trasladados a Roma, onde foron inhumados nas [[catacumbascatacumba]]s de [[Calisto I, papa|San Calisto]].
 
No seu tempo sitúase a lenda da [[Virxindade|virxe]] e [[mártir]] santa [[Cecilia de Roma|Cecilia]], patroa da música. Baixo o pontificado de Ponciano, [[Valeriano (mártir)|Valeriano]] (que se identifica como o mesmo Valeriano esposo de santa Cecilia) converteuse ó [[cristianismo]] e foi martirizado.