Ruínas de San Domingos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
O contido da páxina foi substituído por " vaya al puticlub y disfrute putas y putones para los gays a 1 euro la hora 2o cent condon usado. jajajajajajajajajaja xdd yo soy pedro gonzaklez y e..."
Etiqueta: caracteres repetidos
Liña 1:
{{Coordenadas|42|25|52|N|08|38|49|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Igrexa de Santo Domingo de Pontevedra 002.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista exterior das ruínas.]]
[[Ficheiro:Ruinas de Santo Domingo, Pontevedra.jpg|miniatura|dereita|300px|Vista xeral segundo se accede ás ruínas: á esquerda, as capelas; ó fondo, a sancristía; á dereita, o acceso á sala capitular.]]
As '''ruínas de San Domingos''' constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do [[Museo Provincial de Pontevedra]]. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa [[arquitectura gótica|gótica]] do que no seu día foi o Convento de San Domingos.
 
Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco [[capela]]s correspondentes ó brazo transversal do [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.
 
vaya al puticlub y disfrute putas y putones para los gays a 1 euro la hora 2o cent condon usado.
A [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] iniciou en [[1889]] as xestións para a súa recuperación e declaración como Monumento Nacional, e utilizou as ruínas como sede da institución. Co tempo, a Sociedade cedeu as instalacións ó Museo de Pontevedra, en [[1938]], e este converteu este espazo na súa ''Sección lapidar'' (arqueolóxica) e dedicouno á exposición permanente de [[sepulcro]]s de persoeiros históricos pontevedreses, laudas gremiais e [[escudo]]s [[heráldica|heráldicos]] procedentes de enterramentos na propia igrexa e de casas nobres da cidade e da provincia.
jajajajajajajajajaja xdd yo soy pedro gonzaklez y estudio en el ies valle in clan me gusta follar y las putas y a ti
 
==Historia do convento==
Os [[dominicos]] chegaron a [[Pontevedra]] a finais do século [[XIII]] e fundaron o convento cara a [[1281]], na [[A Moureira, Pontevedra|Moureira]], nas proximidades da [[muralla]] que pechaba a cidade na [[Idade Media]], onda a porta do mesmo nome, pero pronto se trasladaron ó lugar onde hoxe quedan os restos do edificio. As obras da cabeceira comezaron en [[1304]] ou [[1305]] pero a partir de 1380 se substituíron pola obra actual, que non se rematou ata o [[século XV]]. A finais do [[século XVIII|XVIII]] decidiuse reformar a igrexa mediante unha nova nave, [[neoclasicismo|neoclásica]], que substituiría a antiga igrexa gótica. Esta reconstrución, que ía dirixir [[Álvarez Reguera]], viuse fanada en [[1835]], cando o Estado aprobou a chamada [[desamortización]] de [[Mendizábal]] e puxo en venda as posesións das ordes relixiosas, incluída igrexa e convento de San Domingos.
 
O [[8 de decembro]] de [[1836]] pecha o convento <ref>Rematada a exclaustración houbo intentos de restaurar o convento, pero non frutificaron.</ref> e a partir deste momento, o edificio entrou nun longo proceso de ruína e deterioración progresivos. En [[1840]] a ''Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos da Provincia de Pontevedra'' cédeo ó Concello, que o dedica a Casa de Asilo; posteriormente dedicouse a [[centro penitenciario|cárcere]], hospicio, escola infantil, cuartel e teatro, pero sen realizar labores de mantemento que evitaran a progresiva ruína. Mesmo en [[1846]] aprovéitase a pedra para pavimentar as rúas de Pontevedra.
 
[[Filgueira Valverde]] recolleu o seguinte texto do historiador pontevedrés Gonzalo de Zúñiga que, en 1846 se refería así ás lápidas e sepulcros que se conservaban:
{{cita|"''... una mano ignorante y osada, arrancándolas de aquel paraje para pavimentar calles y plazas, nos privó de los auxilios que estas inscripciones pudieran prestar a la arqueología''".}}
 
En [[1864]] derrúbase a capela de [[Xacinto de Cracovia|San Xacinto]], que estaba no extremo sur do cruceiro e entre [[1869]] e [[1870]] a parte superior da torre que existía neste mesmo punto.
 
En [[1874]] o Concello comeza a estudar a demolición do convento, co obxectivo de ampliar o espazo dedicado a Campo da Feira (actual Alameda), para o que conta co informe favorable da Comisión Provincial de Monumentos, que pon como condición respectar a antiga igrexa e algúns outros elementos de interese. A pesar desta limitación, o Concello aproba en xullo de [[1880]] a demolición completa, decisión que provoca a reacción en contra da Comisión de Monumentos, e de numerosos pontevedreses, que conseguen deter as obras de demolición. O Concello volveuno intentar en [[1889]], pero a reacción social consegue de novo deter as obras; nesta ocasión a vontade de demoler as ruínas era tan firme que o concello xa incluíu nos seus orzamentos os ingresos previstos pola venda dos terreos resultantes.
 
==Recuperación==
Aínda que a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra non se constituíu formalmente ata o [[15 de agosto]] de [[1894]] <ref>A constitución da Sociedade foi, de feito, pioneira no panorama cultural galego: a [[Real Academia Galega]] naceu en 1905 e o [[Seminario de Estudos Galegos]] en 1923.</ref>, baixo a presidencia de [[Casto Sampedro Folgar|Casto Sampedro]], xa desde anos antes levou adiante algunhas actividades en prol da conservación histórica e artística de Pontevedra. Canto ás actividades dirixidas á [[conservación e restauración|conservación]] das ruínas de San Domingos cómpre destacar a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de '''1886''' (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade Arqueolóxica, dan a data de '''1889''' (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta [[Roxelio Lois Estévez]], daquela director de ''[[O Galiciano]]'', Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ''ocupación'' das ruínas, a piques de ser derrubadas definitivamente. Nesta xuntanza tomaron as ruínas como sede da Sociedade e procederon a limpalas de entullos e lixo e ó seu peche cun valado.
 
A consecuencia desta reivindicación foi a declaración como Monumento Nacional do que nese momento se conservaba das ruínas -o que hoxe podemos ver-, o [[14 de agosto]] de [[1895]]. San Domingos convertíase así no primeiro Monumento Nacional da provincia de Pontevedra.
 
Os debuxantes da Sociedade Arqueolóxica recolleron así o estado das ruínas nesa época:
<Gallery>
Ficheiro:San Domingos, Alcoverro 02.jpg|[[Federico Alcoverro López|Federico Alcoverro]], 1915
Ficheiro:San Domingos, Enrique Campo 01.jpg|[[Enrique Campo]], 1908
Ficheiro:Alcoverro, pinturas en San Domingos 01.jpg|Alcoverro, 1909
Ficheiro:Alcoverro, pinturas en San Domingos 02.jpg|Alcoverro, 1909
</Gallery>
 
{{cita|"''Precisamente un deses edificios sentenciados a unha lenta morte ao longo do século XIX e salvado no último momento do seu derrubamento total polo empeño de Sampedro e outros colaboradores foron as Ruínas de San Domingos, que se converteron deste xeito no «buque insignia» da Arqueológica, tanto polo seu valor histórico-artístico coma por seren o núcleo onde se concentraban e expoñían as coleccións de obxectos que a Sociedad conseguía rescatar do esquecemento''"|Museo de Pontevedra [http://www.museo.depo.es/persoeiros/casto.sampedro/ga.99000200.html]}}
 
En [[1903]] comezan as obras do Instituto de Pontevedra (actual [[IES Valle-Inclán]]), a carón das ruínas, sobre o terreo que ocupaba o convento. Entón, a Sociedade Arqueolóxica solicitou que se lle reservase un espazo na planta baixa, pero a sala que lle deixaron era insuficiente para os fondos que necesitaba expor. En [[1945]] esta sala foi permutada por un pequeno patio e parte do soto do instituto.
 
En 2008, durante as obras acometidas polo concello para a construción dun aparcamento subterráneo na praza de España, descubríronse restos da cimentación da igrexa gótica e unhas 20 fosas do que sería o cemiterio exterior da mesma.
 
==As ruínas como sección do Museo de Pontevedra==
A Sociedade Arqueolóxica disolveuse en [[1938]] e cedeu a xestión dos restos ó Museo de Pontevedra, que fora fundado en [[1927]]. Como xa se dixo, o Museo de Pontevedra dedicou este espazo á exposición permanente de pezas pétreas relacionadas coa historia da cidade e provincia. No exterior exponse ó público non só as propias ruínas senón tamén sepulcros de persoeiros pontevedreses, laudas gremiais e unha completa colección de [[escudo|escudos heráldicos]]. Algúns deles proceden dos enterramentos que se realizaron na propia igrexa e outros das casas nobres da cidade e da provincia, cedidos polos propietarios ou herdeiros no momento do derrubo das mesmas ou adquiridas polo propio museo.
 
O espazo museístico está constituído, en primeiro lugar, polos restos conservados da propia igrexa:
* A capela central, maior. Sábese que estaba en construción en [[1331]] (a primeira do lado do Evanxeo data de 1360 e as dúas do lado da Epístola son de finais do XIV e principios do XV).
* Á esquerda da anterior, a capela de Santa María Madalena, rebautizada despois baixo a advocación ó [[Espírito Santo]].
* Máis á esquerda, no extremo norte do cruceiro, a capela do Espírito Santo ''vella'', máis tarde chamada de Santo Domingo de Suriano. Nesta capela está o sartego de Tristán de Montenegro.
* Á dereita da capela maior está a capela de [[Pedro, papa|San Pedro Mártir]], rebautizada como capela do Bo Xesús.
* Á dereita da anterior, no extremo sur do cruceiro, a capela de [[Tomé, apóstolo|Santo Tomé]], chamada despois de [[André Apóstolo|Santo André]].
 
{{Galería
|title=Varios capiteis
|width=200
|height=140
|lines=0
|Ficheiro:Pontevedra Santo Domingo capitals505.JPG|alt1=|
|Ficheiro:Pontevedra Santo Domingo capitals506.JPG|alt1=|
|Ficheiro:Pontevedra Santo Domingo capitals508.JPG|alt1=|
|Ficheiro:Pontevedra Santo Domingo capital514.JPG|alt1=|
|Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-43.JPG|alt1=|
|Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-52.JPG|alt1=|
}}
 
Á dereita desta última estaba a capela de San Xacinto e a torre, derruídas entre 1864 e 1870, e a sancristía, xa fronte ás capelas. No muro da zona da sancristía pódese ver un [[rosetón]] que foi trasladado desde a fachada norte (onde hoxe está o acceso ó recinto). Xunto á sancristía sitúase a entrada á sala capitular, precedida por unha arquería que procede do antigo convento.
 
A [[Capítulo (relixión)|sala capitular]] foi ampliada e aproveitada para expor pezas máis sensibles, como [[capitel|capiteis]], [[estatua]]s, [[tímpano (arquitectura)|tímpanos]], [[baldaquino]]s, etc. No soto habilitáronse algunhas estancias dedicadas á restauración destes elementos.
 
Entre os sepulcros expostos destacan os de [[Paio Gómez de Soutomaior]]. Tamén estaba exposto o do seu fillo [[Suero Gómez de Soutomaior|Suero]], hoxe no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
<Gallery>
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-37.JPG|Sepulcro de Paio Gómez de Soutomaior
Ficheiro:Escultura funerariar.jpg
Ficheiro:Tomb of Frei Domingo de Liñares (1406).jpg|Lápida de Frei Domingo de Liñares
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 01-45.JPG|Laudas gremiais, procedentes da igrexa de San Bertomeu o Vello <ref>A terceira lauda, correspondente ó gremio dos carniceiros, está hoxe exposta no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.</ref>
</Gallery>
A colección de escudos heráldicos exposta en San Domingos está formada por 14 labras situadas no exterior, entre os ocos que deixan os contrafortes das capelas; e 49 no interior do recinto.
<gallery>
Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-55.JPG|Escudo de Tristán de Montenegro. Procede das Torres de Montenegro, que se levantaban onda a [[Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra|basílica de Santa María]]
</gallery>
No interior expóñense pezas de moi diversa orixe: estatuas relixiosas, capiteis e bases de columnas, relevos diversos, baldaquinos, tímpanos, etc.
<gallery>
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-40.JPG|Tímpano procedente da igrexa de San Martiño de Moaña
Ficheiro:Pontevedra, Ruinas Santo Domingo 03-25.JPG|Baldaquino procedente do [[Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón|Mosteiro de San Pedro de Dozón]]
</gallery>
 
Coa inauguración, en [[2013]], do Sexto Edificio e mais do Edificio Sarmiento, parte dos elementos que estaban expostos nas ruínas de San Domingos pasaron a formar parte dos fondos expostos nestas novas instalacións. Entre eles cómpre destacar o sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior, varios baldaquinos e un [[miliario]] romano de Maximino II (s. IV), atopado o [[31 de outubro]] de [[2006]] nas escavacións que se realizaban na parte sur da [[ponte do Burgo]], onda a praza Valentín García Escudero<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/11/5445100.shtml?idioma=galego "A exposición do miliario pon á vista 1.700 anos de historia"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 22 de xaneiro de 2007.</ref>.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat|Iglesia de Santo Domingo (Pontevedra)}}
===Bibliografía===
* Messía de la Cerda y Pita, Luis Francisco: ''Labras heráldicas del Museo de Pontevedra. Ruinas de Santo Domingo''. Deputación Provincial de Pontevedra, 1991.
* Valle Pérez, Juan Carlos (coord.): ''Os debuxantes da "Sociedad Arqueológica de Pontevedra"''. Museo de Pontevedra, 1995.
===Ligazóns externas===
* [http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050001.html Museo de Pontevedra]
* [http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=3261&lay=249 Turgalicia]
* [http://www.pontevedraparaelmundo.es/blog/index.php?id=657 ''Pontevedra para el mundo''] (vídeo de 1971)
* [http://otraiberia.wordpress.com/2012/12/27/ruinas-del-convento-de-santo-domingo-pontevedra/ Ruinas del Convento de Santo Domingo (Pontevedra)]
* [http://vellapontevedra.blogspot.com.es/2012/02/las-ruinas-de-santo-domingo.html Dúas fotografías procedentes do ''Catálogo Monumental de la Provincia de Pontevedra'', nas que se recolle a situación das ruínas en 1908]
* [http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/01/06/0003_6455859.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego "Como se salvaron as ruínas"], artigo de [[María Conde]] en ''La Voz de Galicia'', 6 de xaneiro de 2008, baseado nas ''Crónicas de San Domingos'', de [[Alberto Fortes]].
* [http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/05/07/0003_6795791.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego "Os arqueólogos achan vinte tumbas ao pé das Ruínas de Santo Domingo"], artigo de Elena Larriba en ''La Voz de Galicia'', 7 de maio de 2008.
 
[[Categoría:Museos da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra]]
[[Categoría:Arquitectura relixiosa en Pontevedra]]
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]