Illán, Begonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
h
Sen resumo de edición
Liña 12:
|entidades = 10
}}
'''Santiago de Illán''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Begonte]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 128 habitantes. A parroquia de Illán abrangue a ladeira oeste dun relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais ao redor do rio Ladra. Esta zona pertence ó espazo natural chamado humedais da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga) cunha superficie de 5000 hectáreas. Neste espazo pódense atopar as especies comúns da fauna galega desde pequenos roedores ata corzos. Teñen especial importancia a variedade de aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) que asentan nas lagoas de Riocaldo e no curso do rio Ladra. Precisamente no entorno destes humedais atópanse os vestixios mellor conservados da orixinaria cultura castrexa como son os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior. Outros lugares de interese poden ser a vella mina que data de principios do século vinte así como fontes, paraxes naturais e carballos centenarios. A Igrexa, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de medio século de antigüidade realizado polos artesáns carpenteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX. Como vén pasando en moitas aldeas, a base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar as labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego., Infelizmentepero infelizmente os servizos públicos se desenvolven con un ritmo máis lento e así, desde os tempos do asfaltado da pista principal ou a liña telefónica non hai moitasmais novidadesamodiño. PorTamén outra banda estánaparecen os típicos riscos medioambientais. Destee deste xeito podemos atopar unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo, e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúnalgúns terreoterreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A6 tal que lle dá un valor e operatividade especiais con apenas 15 minutos atade coche para chegar a Lugo. As Festas anuais celébranse o Día de Galiza, festividade de Santiago Apóstolo, o día 25 de Xullo, cando se xuntan as familias nunha festa tradicional que chega a triplicar a poboación. De resto, as outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.
 
==Lugares e parroquias==