Diferenzas entre revisións de «Vimara Pérez»

sen resumo de edición
m (engado a Categoría:Nobres de Galicia mediante HotCat)
'''Vimara Pérez''', '''Vímara Peres''' ou '''Guímara Peres '''(orixinalmente '''Uimara Petri''')''' ''', nado na [[A Coruña|Coruña]] contra o [[820]] e finado en [[Guimarães]] no [[873]], foi un nobre galego, conde da Coruña, e fundador do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]] en 868.
 
==Traxectoria==
Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe.
 
Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego [[Hermenexildo Guterrez|Hermexildo Guterrez]]. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na [[terra de Amaía]], e amplas zonas lucenses. Os monarcas do [[Reino de Galicia]] e de [[Reino de León|León]] cada vez serán máis dependentes deles.
 
Vimara faleceu en Guimarães en [[873]]. O seu fillo, [[Lucidio Vimaranes]] (etimoloxicamente, ''"!fillo de Vimara"''), sucedeuno á fronte dos destinos do condado, instituíndose así unha dinastía condal que gobernaría a rexión até [[1071]].
Usuario anónimo