Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Estacións de esquí: quito publicidade
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
Os '''Pireneos''' (ou '''Pireneo''') constitúen unha [[cordilleira]] no suroeste da [[Europa]] que forma unha fronteira natural entre a [[Península Ibérica]] e [[Francia]], e esténdense entre o [[Mar Cantábrico]] ([[Golfo de Biscaia]]) e o [[Mar Mediterráneo]] ([[Cabo de Creus]]) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.
 
Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de [[Andorra]] entre os seus dous grandes viciñosveciños. A principal excepción a esa regra constitúea o [[Val de Arán]], que pertence áa España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía [[Orografía|orográfica]] inclúe a [[catarata de Cerdanya]] e o [[enclave]] español de [[Llívia]].
 
A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no [[Monte Perdido]] e 3.404 m no [[Pico Aneto|Aneto]].
Liña 52:
 
== Glaciares ==
Debido a que a glaciación da [[Era Cuaternaria]] afectou aos Pireneos de modo máis decisivo que ás outras cordilleiras españolas, existen pegadas de modelaxe glaciar desde o Canigó ata o pico de Adi. A maioría dos actuais lagos son de orixe [[glaciar]]. Hoxe en día os Pireneos só posúen glaciares de circo ou con pequenas linguas por encima dos 2.700 metros: Aneto, Balaitus, Viñamala, Monte Perdido e Maladeta no lado español e Ossue ou Troumouse no lado francés.
 
== Ríos ==
Liña 91:
Entre os [[mamífero]]s destaca a [[Rupicapra rupicapra|camurza]], que estivo ao bordo da extinción a comezos do [[século XIX]] até os 45.000 exemplares actuais, historia igualmente repetida no caso do [[cervo]] ou o [[corzo]], estendidos por todo o monte baixo, así como o omnipresente [[Xabaril|xabarín]]. Non ocorre o mesmo co ''bucardo'' ou [[cabra montesa dos Pireneos]] que se extinguiu no ano 2000. Abundan as [[marmota]]s, ás que se observa con frecuencia entre os pastos alpinos. Moito máis difícil de mirar é a [[auganeira]] ou desmán dos Pireneos (''Galemys pyrenaicus''), un pequeno e estraño insectívoro nocturno, endémico desta cordilleira e algunhas áreas do [[Sistema Central]]. En total existen 42 especies de mamíferos no Pireneo.
 
Entre as [[aves]], o rei indiscutíbel e o [[quebraosos]]. Extinguido en case toda a [[Europa]], é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos [[Alpes]]. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a [[aguia real]], seguida dunha amalgama de especies nocturnas e diúrnas como son os [[abelleiro]]s, [[miñato real|miñatos reais]] ou negros, [[falcón]]s, [[lagarteiro]]s, [[bufo|bufos reais]] ou o rarísimo [[moucho boreal]] que pasou de considerarse extinto a ofrecer una poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o [[voitre común|voitre leonado]], os [[voitre pequeno|voitres pequenos]] e ultimamente un recén chegado en expansión, o [[voitre negro]].
 
No bosque a [[pita do monte]] atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o [[peto negro]] e o [[peto real]]. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, a [[perdiz branca]] ou lagópodo alpino.