Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: hu:Szvév uralkodók listája (strong connection between (2) gl:Reino Suevo and hu:Szvéb királyság)
Chum (conversa | contribucións)
m Fontes documentais e numismáticas
Liña 32:
A relación coa plebe suponse que foi máis irta que coa aristocracia, á que máis ca nada lle interesaba mante-la súa posición. Pola súa banda a Igrexa mantivo unha posición receptora, ocupándose máis dos seus asuntos internos, como a enorme influencia do [[priscilianismo]] en terras galaicas. Os suevos, pola súa parte, non interviron nos asuntos relixiosos. Cabe destacar que os bispos recibirán poder civil, preservando así a influencia do mundo romano ante a presenza sueva. Moita importancia ten a redacción do ''[[Parrochiale suevum]]'', datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]]s agrupadas en trece [[diocese]]s (ademais menciónase a diocese ''Britoniarum'', que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo [[Mailoc]] no [[Segundo Concilio de Braga]]<ref>[http://www.thelatinlibrary.com/martinbraga/concilium2.shtml Texto do II concilio bracarense.]</ref>). O manuscrito indica ademais a existencia de ''pagus'' ([[distrito]]s) especificamente suevos.
 
== Fontes ==
==Atribución posterior de emblema (século XVII)==
[[Ficheiro:Rechiarius.jpg|miniatura|upright|140px|Moeda de prata pertencente ao rei suevo [[Requiario]] (448–55). No reverso apreciase o motivo dunha cruz latina inscrita nunha coroa de loureiro.]]
Carecemos de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época. Temos varias fontes cronísticas coetaneas. A fundamental é ''O Cronicón'' de Idacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man. Na ''Historia'' de [[Orosio]], tamén do [[século V]], conta un pouco menos xa que pretende ser unha historia do mundo pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa do [[século VI]] contamos con varias obras de tipo cronístico ([[Xoán de Biclaro]] e [[Isidoro de Sevilla]]), literario ([[Martiño de Dumio|san Martiño]], [[Gregorio de Tours]], Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas do [[Primeiro Concilio de Braga]] e do [[Segundo Concilio de Braga]] (ambos presididos por San Martiño). Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época o [[Parrochiale Suevum]] que é unha organización territorial do reino que debera facer parte das actas dun suposto concilio en [[Lugo]].
Outras fontes valiosas son as [[numismática]]s. Nas moedas de [[Requiario]] aparece por primeira vez a cara dun rei xermánico no lugar onde ata o momento aparecía o emperador romano. E noutras a lenda ''gallica mvnita'' sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas.
 
Tamén nos falan do reino os xacementos arqueolóxicos. Apareceron [[necrópole]]s e outros xacementos que enlazan co baixo imperio romano e mostran a relevancia cultural e poboacional da época, tanto como a súa conexión ininterrompida coas fases inmendiatamente posteriores e anteriores.
==Atribución posterior de emblema (século XVII)==
A mediados do [[século XVI]], popularízase na península ibérica o que se coñece como "[[estatutos de limpeza de sangue]]", probas e demostracións xenealóxicas que toda aquela persoa que aspirara a un recoñecemento social debía pasar. Nelas, aqueles demandantes de título nobiliario ou que desexaran ingresar en institucións prestixiosas, debían proporcionar unha [[xenealoxía]], a miúdo inventada ou manipulada, que probara estaren exentos de antepasados [[xudeus]], mouriscos ou de desertores da fe cristiá. Tamén as familias fidalgas recorreron á xenealoxía para presentarse na corte como vellas liñaxes de honorable pasado. Todo isto levará a un aumento dos estudos xenealóxicos e vexiolóxicos no [[Antigo Réxime]], formándose estes como unha disciplina necesaria que permitía o ascenso social a moitos burgueses e fidalgos.
No caso das liñaxes galegas, —consideradas tradicionalmente como "limpos", como "cristiáns vellos"— estas pretenderon principalmente entroncar a súa orixe con supostos grandes fundadores [[gregos]], [[Imperio Romano|romanos]], [[suevos]] ou [[visigodos]]. Así a casa de Saavedra reclamaba como fundador ao emperador romano [[Calígula]], os Sarmiento reclamaban a súa orixe nun suposto príncipe suevo chamado "Sardamiro", os Deza dicían descender dun nobre visigodo chamado "Severiano", os Soneira dun ''cavaleiro romano'' chamado Marco Marlines Capitolio e os Caamaño afirmaban descender dos propios troianos, entre outros.