Vila romana de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 42:
 
== As ''villae''==
A ''villa'' (en singular) ou as ''villae'' (en plural), é unha casa; componse dun conxunto de edificacións, labores agrícolas, ou instalacións relacionadas co mar nas zonas costeiras coma esta. A ''villa'' existiu desde as orixes e en todos os territorios do imperio, pois é o tipo de asentamentos máis característicos do mundo rural romano.
 
Habíaas con gran variedade de tipos e tamaños: luxosas residencias, dedicadas ao lecer, grandes granxas, nas que poderían vivir máis de dous ou tres centenares de persoas; ou modestas explotacións produtivas como pode ser o caso de Toralla.
 
=== A ''villa'' de Toralla===
A ''villa'' de Toralla era sobria, aínda así dispuña de certos elementos de confort e riqueza, como [[terma]]s ou [[mosaico]]s. Como toda ''villa'' romana organizábase en dúas partes: a ''pars urbana'' ou edificios residenciais do propietario ou os serventes, e a ''pars rustica'', ou construcións adxacentes relacionadas coa produción, que en Toralla serían unha salina, [[alpendre]]s, [[Celeiro (construción)|celeiro]]s e almacéns.
 
Defínese a partir de varias construcións independentes, situadas a pouca distancia unhas doutras, distribuídas de xeito funcional e adaptándose á topografía do terreo. Estas son: