Britannia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Britannia-Statue.jpg|miniatura|Monumento da Armada Nacional en [[Plymouth]], representando a Britannia.]]
'''''Britannia''''' é un termo antigo para aidentificar á [[Britania|Britania romana]] e tamén a personificación feminina da illa. O nome é [[Lingua latina|latino]], e deriva da forma grega ''Prettanike'' ou ''Brettaniai'', que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo ''[[Albion]]'' ou Gran Britain; porén, no [[século-I]] ''Britannia'' converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o [[Imperio Romano]] comezou a conquista da illa, establecendo unha [[provincia romana|provincia]] que chamaron ''Britannia'', que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a [[Caledonia]] (actual [[Escocia]]). Os habitantes nativos [[celtas]] da provincia son coñecidos como [[bretóns]]. No [[século II]], a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio.
 
O nome latino ''Britannia'' sobreviviu á fin do dominio romano no [[século V]], e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o [[Renacemento]] inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a [[Lei de Unión (1707)|Lei de Unión]] de 1707, que uniu os reinos de [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]] e [[Reino de Escocia|Escocia]], a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu re-deseño no 2008.