Nuevo Heraldo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Historia e características==
Subtitulado ''Semanario republicano independiente'' e ''Periódico defensor del agrarismo. Informaciones-Deportes-Política'', apareceu o [[30 de xuño]] de [[1934]]. Fundado e dirixido por [[Xoán Noya Gil]]. Foi de tendencia republicana e liberal, con concesións ao galeguismo. Incluíu artigos en galego, sobre todo información política e artigos a favor da Autonomía. Colaboraron [[Filgueira Valverde]], [[Carmiña Prieto Rouco]], [[Xulián Magariños]]... Abundaban as páxinas dos autores da comarca, como [[Antón Alonso Ríos]] (temas económicos), Xan D'Outeiro (pseudónimo de [[Domingo Álvarez]], que publicou "Follecas da Jalleira" na xerga dos telleiros), Manuel de la Ventosela (pseudónimo de [[Manuel Rivero]]). Publicou crónicas dende [[Porto Rico]] (por [[Joaquín Saúl]], en galego) e dende [[Santo Domingo]]. Apareceron caricaturas de Óscar Noya, fillo do director, que tiña 13 anos. Nos primeiros números apareceu o "Chipi-chipi. Periódico satélite. El único semanario que se regala, con poemas e pasatempos en ton humorístico". Tamén hai que destacar o número necrolóxico dedicado ao poeta guardés [[Feliciano Rolán Vicente]]. Cesou a súa publicación o 18 de xullo de 1936.
 
==Véxase tamén==