Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 48:
As ditas influencias aprecianse nas partes acústicas de cancións coma "My God", "Cheap day return", "Slipstream", "Mother goose", "Wond’ring aloud" ou "Up to me". A frauta de Anderson soa mellor que nunca, con solos tremendos e belísimos acompañamentos mesturados con partes moito máis enérxicas e furiosas. Mención aparte merece o solo de frauta e voces de "My God", no que se fai patente unha vez máis a influencia da música clásica e barroca nas composicións deste xenial músico. Parte dos temas que aparecen neste maxistral disco xa foran tocados en directo, en especial "My God" e "Locomotive breath", polo que cando se puso á venda, os fans arrasaron nas tendas de discos. Tal era a expectación levantada por "Aqualung". Os resultados foron evidentes: máis de 5 millóns de copias vendidas, disco de ouro, multiplatino e numerosos premios e loubanzas por parte da crítica especializada. A pesar de todo, o disco non alcanzou o primeiro lugar nas listas de vendas, aínda que sí chegou ó nº 4 en Gran Bretaña e ó nº 7 nos Estados Unidos, sendo o primeiro álbum do grupo que conseguiu entrar no "Top ten" deste país. Todo isto e moito máis é "Aqualung", disco polémico e xenial, censurado en España, onde non se puido publicar ata 1975 e, aínda así, có cambio de "Locomotive breath" por "Glory row" nun dos exemplos máis incoherentes e esperpénticos do que é a censura no mundo do rock, ó prohibirse a aparición de "Locomotive breath" coma tema do disco "Aqualung" pero, porén, permitirse coma tema do disco "Living in the past", que se publicou en 1972. ¿Alguén entende que poderosas razóns puideron ter os censores españois daqueles tempos para permitir que un mesmo tema puidese aparecer nun disco e non noutro ó mesmo tempo?. ¿Quizais en realidade todo era unha rabieta contra o grupo e a crítica por haber encumiado un disco tan "perigoso" para a relixión?. O tempo puxo cada cosa no seu sitio e na actualidade non hai problemas para disfrutar de "Aqualung" na súa totalidade, sen censura nin cortes, aínda que coma veremos a continuación, non foi este o único disco de Jethro Tull que sufriu as iras da censura no noso estado.
 
En marzo de 1971 produciuse a terceira deserción no seo do grupo: Clive Bunker quería casarse e cambiar de aires musicais, polo que uniuse a Robin Trower, Frankie Miller e James Dewar para formar o grupo [[Jude]], de nula relevancia na música moderna. O seu posto ocupouno outro vello amigo dos tempos de The Blades: Barriemore Barlow. Desta forma, Ian Anderson converteuse no único membro de Jethro Tull que quedaba do cuarteto inicial que gravou "This was". A formación do grupo quedaba, pois, da seguinte forma: Anderson á voz, guitarras acústicas e frauta, Barre coma guitarrista, John Evans ós teclados e pianos, Jeffrey Hammond ó baixo e o mencionado Barlow á batería.
 
Non obstante, existía unha sexta persoa que aínda que non era membro fixo do grupo, sí que comezaba a adquirir importancia polas súas numerosas e importantes colaboracións: referímonos a David Palmer, que dende as súas intervención nun dos temas de "Stand up" seguiuse prodigando aportando os seus coñecementos da música clásica para realizar diversos arranxos orquestrais nalgunhas cancións do grupo. Esta formación é considerada por moitos críticos coma a mellor e máis produtiva de toda a historia de Jethro Tull. o debut de Barriemore Barlow produciuse en maio de 1971, cando a banda gravou nos Sound Techniques Studios de Londres o EP "Life’s a long song", que incluía cinco temas: o que daba título ó disco, "Dr. Bogenbroom", "Up the pool", "For later" e "Nursie". Por estas datas comezan unha xira por todo o mundo que lles encumiaría coma uno dos mellores grupos en directo. Público e crítica sucumbiron á enerxía, calidade e maestría de Jethro Tull sobre un escenario, así coma ó seu inigualable show escénico, froito da fantasía e das táboas dos seus compoñentes.