Diferenzas entre revisións de «Johann Joachim Winckelmann»

sen resumo de edición
(Nova páxina: thumb|Johann Joachim Winckelmann por [[Raphaël Mengs|Anton Raphaël Mengs, despois de 1755]] '''Johann Joachim Win...)
 
'''Johann Joachim Winckelmann''' ([[1717]] - [[1768]]) pode ser considerado como o fundador da [[Histoire da Arte]] e un dos fundadores da [[arqueoloxía]] como disciplinas científicas modernas.
 
Nado en [[Stendal]] no Leste de [[Alemaña]], nunha familia humilde (seu pai era zapateiro), converteríase nun experto mundial na arquitectura da [[Antigüidade]] e no principal teorizador do movemento [[neoclasicismo|neoclásico]]. Mais os comezos da súa carreira foron de feito modestos. Pasou varios anos como preceptor de fillos de familias nobres. Posteriormente en [[1748]], conseguíu facerse empregar como bibliotecario dun conde alemán. Grazas a este, abríronselle as portas á contemplación da fabulosa colección de arte do duque de [[Saxonia (Alemaña)|Saxonia]].
 
Publica entón en [[1755]] a súa obra ''Reflexións sobre a imitación das obras gregas na escultura e na pintura '' que terá atención internacional. Mais non tiña outra paixón que viaxar a [[Roma]] para estudar as obras artísticas da Antigüidade ''in situ''. Converteuse ao catolicismo, tendo éxito ao atinxir ser convidado a traballar sobre a colección de obras antigas da corte pontificia. Nos anos seguintes publicou numerosas obras que marcan as teorías estéticas da época. Adversario encarnizado do [[Barroco]] e do [[Rococó]], estaba convencido de que a « beleza ideal » constitúe unha realidade obxectiva que pode se descuberta a través do contacto frecuente con as grandes obras da Antigüidade, nomeadamente as gregas. O seu coñecemento íntimo e prodixioso de tales obras, adquirido principalmente mentres traballaba no [[Vaticano]] e cando as excavacións de [[Pompeia]], foi posto ao servizo do que coidaba a súa misión: formar o [[gusto]] da elite intelectual occidental. A fórmula que acuña para caracterizar a esencia da arte grega: "calma serena e grandeza tranquila", vai inspirar xerazóns de artistas e arquitectos posteriores, como [[Benjamin West]] e [[Jacques-Louis David]]. A súa obra principal foi a [[Historia da Arte e da Antigüidade]] (1764).
Usuario anónimo