Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 582:
:Di, por favor, os contidos que violan os dereitos de autor para revisalos e de ser o caso solicitar que se borren. Se alguén atopa un contido que viola os dereitos de autor debe notificalo no taboleiro dos administradores para que o revisen e o eliminen se é o caso. En tódolos sitios hai erros e Commons ten case 20 millóns de ficheiros, vai saber todos os contidos incorrectos que hai, pero hai que ir pouco a pouco detectándoos e eliminándoos.
:Se che borraron algunha imaxe de forma incorrecta podes contactar cos administradores de Commons no seu taboleiro para que revisaran esa acción, pode que fose realmente un erro ou pode que che explicaran mellor o problema que tiña. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 1 de decembro de 2013 ás 01:28 (UTC)
::Non sei por qué Nemigo di que a discusión non ten senso nin obxecto. As políticas se revisan, se retocan ou se mudan totalmente co paso do tempo, é un proceso normal. Aquí se optou por non poñer ese tipo de imaxes, mais eso non quere dicir que agora se cambie esto se a comunidade o cre oportuno. Non creo que unha imaxe de baixa resolución poda supoñer un perigo para falsificar unha camiseta dun club de fútbol, por exemplo (a non ser que queras o escudo pixelado), por esa regra de tres se deberían pechar blogs e multitude de páxinas persoais, de peñas de clubs, etc, para min eso é o que non ten sentido, que eu poda poñer o escudo do Curuxou de Arriba no meu blog e non pase nada e se o poño na Galipedia xa é un problema... se alguén quere falsificar o vai coller de onde sexa, é como presupoñer que cando te compras un teléfono ou un ordenador vas empregalo para delinquir descargándote contidos da rede de xeito ilegal. Hai moitos sitios de onde tirar imaxes mellores que as que se porían aquí. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 1 de decembro de 2013 ás 08:05 (UTC)