Diferenzas entre revisións de «Batalla de Schellenberg»

m
(Desfíxose a edición 3100893 de 83.165.33.22 (conversa))
== Preludio ==
En [[1703]], o Mariscal de [[Francia]], Claude Villars, aconsella ao Elector de Baviera que fortificase as súas cidades, “''[...] en especial Schellenberg, ese forte sobre Donauwörth, cuxa importancia xa advertiu o gran [[Gustavo II Adolfo de Suecia|Gustavo de Suecia]] [...]''”.<ref>Spencer (páx. 174): ''Blenheim: Battle for Europe''.</ref> A pesar do seu aviso, o Elector desatendeu o decaído forte de Schellenberg, que necesitaba ser reparado e fortificado.
[[Ficheiro:Marlborough's assault on Schellenberg, 2 July 1704.es.gif.GIF|miniatura|250px|En 800 anos de historia, só [[Gustavo II Adolfo de Suecia|Gustavo Adolfo de Suecia]] daría conquistado o forte de Schellenberg, en Donauwörth, durante a [[Guerra dos Trinta Anos]].]]
 
Cando Maximiliano se deu conta de que Donauwörth ía ser atacada, encargou ao Conde d’Arco, un oficial [[Piemonte|piemontés]], que reforzase as defensas da cidade e que resistise no forte Schellenberg. Enviáronlle a d’Arco 12.000 homes desde o campamento francobávaro de [[Dillingen]] –a maioría dos cales foron tomados da garda persoal de Maximiliano ou do rexemento do [[Príncipe elector]]–, capitaneado por oficiais veteranos.<ref>Spencer (páx. 174): ''Blenheim: Battle for Europe''. Spencer asegura que foron 13.000 homes.</ref> En total, a guarnición que defendía Schellenberg estaba formada por 16 [[batallón]]s de [[infantería]] bávaros e 7 franceses, 3 [[escuadrón]]s bávaros e 6 franceses de [[Dragón (militar)|dragóns]], apoiados por 16 canóns. Ademais, tres batallóns de [[milicia]] sostiñan a praza.<ref name=autogenerated4>Falkner (páx. 29): ''Blenheim 1704: Marlborough's Greatest Victory''.</ref>
98

edicións