Diferenzas entre revisións de «Conversa:Respiración celular»

Traducín ao galego e engadín modificacións (na descarboxilación do piruvato) a primeira imaxe da páxina, e tiven que facer tres versións porque tiña algúns fallos gráficos e non consigo que saia a última das modificacións (sae a primeira cos fallos, e os textos non caben nos seus lugares, pero no ficheiro de inkskape estaban ben e seguen estando, como se pode comprobar abríndoo). Parece que o problema é ao subir a imaxe á páxina. Alguén sabe como hai que facer?--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 11 de novembro de 2013 ás 22:53 (UTC)
: Eu vexo que a que sae é a terceira. Ás veces, para que se amose un cambio hai que purga-la páxina. Eso pódese facer dándolle a "Editar" e logo "Gardar a páxina" sen facer ningún cambio. Un saúdo. --[[Usuario:Canyq|Canyq]] ([[Conversa usuario:Canyq|conversa]]) 29 de novembro de 2013 ás 23:12 (UTC)
:: Eu ao que me refería é que as palabras dentro da imaxe son máis grandes do que deberían e non caben nos seus lugares na imaxe. Por exemplo, na 1ª imaxe a palabra "piruvato" non cabe dentro do cadradiño azul e queda por riba das outras cousas escritas no cadro. Iso non ocorre coa versión aberta en Inkscape que eu fixen (todo estaba axustado), pero si cando se coloca a imaxe na galipedia. A terceira imaxe da que ti falas, penso que ten todo axustado, e ademais é un bitmap; é máis grande que as outras porque a puxen eu así para que se vexa mellor. É parecida á primeira, pero máis esquemática e con menos detalles, centrándose nos produtos que saen e entran (coencimas, CO<sub>2</sub>, ATP, fases...), polo que penso que é didáctica.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 30 de novembro de 2013 ás 10:46 (UTC)
194.485

edicións