Yolanda Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(resumo de edición eliminado)
Desfíxose a edición 3139174 de 155.210.228.185 (conversa)
Liña 12:
profesión= Avogada|
}}
'''Yolanda Díaz Pérez''', nada en [[Fene]] o [[6 de maio]] de [[1971]], é unha dirixente política. Pertence á federación galega de [[Esquerda Unida]], da que é a súa coordinadora dende [[2005]].
 
==Traxectoria==
Filla de [[Xesús Díaz Díaz]], ex-secretario xeral de [[CCOO]] de Galicia e sobriña de [[Xosé Díaz Díaz]], ex-deputado do [[BNG]]. Licenciada en [[Dereito]] pola [[USC|Universidade de Santiago de Compostela]], accedeu á coordinación xeral de [[Esquerda Unida|EU]] en [[2005]], sendo a candidata da formación á presidencia da [[Xunta de Galicia]] nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), sendo a cuarta forza política máis votada.
 
Nas eleccións municipais de [[2003]], foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de [[Ferrol]], recuperando para a coalición representación no Concello, da que se vira privada no mandado precedente pola crise derivada na ruptura e xurdimento de [[Esquerda Galega-Os Verdes]]. Obtivo dúas actas de concelleiro, acompañada polo veterano dirixente [[Fernando Miramontes]].
 
===Acordo de goberno en Ferrol===
[[Ficheiro:Yolanda Díaz.JPG|175px|esquerda|thumb|Yolanda Díaz nunha manifestación de [[Queremos Galego]].]]
 
Nas eleccións municipais de [[2007]], foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de [[Ferrol]]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro concelleiros (xunto a ela: [[Javier Galán]], [[Miguel Reimúndez]] e [[Sari Alabau]]). Tras formalizar un acordo para un goberno coaligado co [[PSOE]], resultou elixido alcalde o candidato socialista [[Vicente Irisarri]], con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.
 
O 28 de outubro de 2008 o goberno de coalición racha, permanecendo Irisarri como rexedor nun goberno en minoría canda o [[PSOE]] e pasando [[EU-IU]] á oposición. Yolanda Díaz mantense como voceira da súa formación.
 
===Deputada do Parlamento de Galicia===
En 2012 foi candidata de [[Alternativa Galega de Esquerda]] ás [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012|eleccións ao Parlamento de Galicia]] pola [[provincia da Coruña]] e foi elixida deputada.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
 
{{ORDENAR:Diaz Perez, Yolanda}}
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia pola AGE]]
[[Categoría:Nados en Fene]]
[[Categoría:Nados en 1971]]