ARN transferente-mensaxeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 67:
A codificación nos ARNtm descubriuse en 1995 cando Simpson e colaboradores fixeron que se sobreexpresase unha [[citocina]] de rato en ''[[E. coli]]'' e encontraron varios péptidos derivados de citocinas, cada un etiquetado no extremo [[carboxilo terminal]] cunha mesma extensión de 11 residuos de [[aminoácido]]s (A)ANDENYALAA. Coa excepción da [[alanina]] [[N-terminal]], que procede do extremo 3' do propio ARNtm, esta secuencia etiqueta foi rastreada ata un curto marco de lectura aberto no ARNtm de ''[[E. coli]]''. Ao recoñecer que a etiqueta peptídica é unha marca de [[proteólise]], propúxose o modelo da ''trans''-tradución para o ARNtm.<ref>{{cite journal |author=Keiler KC, Waller PR, Sauer RT |title=Role of a peptide tagging system in degradation of proteins synthesized from damaged messenger RNA |journal=Science |volume=271 |issue=5251 |pages=990–3 |year=1996 |month=February |pmid=8584937 |doi= 10.1126/science.271.5251.990|url=http://www.sciencemag.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=8584937 |accessdate=2010-07-14}}</ref>
 
Aínda que se seguen investigando os detalles do mecanismo da ''trans''-tradución, concórdase xeralmente que o ARNtm ocupa primeiro o sitio A baleiro do ribosoma bloqueado. Seguidamente, o ribosoma móvese desde o extremo 3' do ARNm truncado ao codón de reinicio do MLR, o que vai seguido dunha fase proclive ao escorregamento (''slippage'') desde a que a tradución continúa normalmente ata que se encontra o [[codón de parada]] do ARNtm en pauta. A ''trans-tradución'' é esencial nalgunhas especies bacterianas, pero outras bacterias requiren o ARNtm para sobrevivir cando están sometidas a unhas condicións de crecemento estresantes.<ref>{{cite journal |author=Thibonnier M, Thiberge JM, De Reuse H |title=Trans-translation in Helicobacter pylori: essentiality of ribosome rescue and requirement of protein tagging for stress resistance and competence |journal=PLoS ONE |volume=3 |issue=11 |pages=e3810 |year=2008 |pmid=19043582 |pmc=2584231 |doi=10.1371/journal.pone.0003810 |url=http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0003810 |accessdate=2010-07-14 |editor1-last=Ahmed |editor1-first=Niyaz}}</ref> Dependendo do organismo, o péptido etiqueta pode ser recoñecido por diversas [[proteasesprotease]]s ou adaptadores de proteases.<ref name="Gur08" />
 
==Elementos xenéticos móbiles e o xene do ARNtm==