Diferenzas entre revisións de «ARN transferente-mensaxeiro»

sen resumo de edición
}}
 
O '''ARN transferente-mensaxeiro''', abreviado como '''ARNtm''' (en inglés '''tmRNA'''), e tamén chamado '''ARN 10Sa''' ou, utilizando o seu nome xenético, '''SsrA''', é unha molécula de [[ARN]] bacteriano que presenta propiedades tanto de [[ARNt]] coma de [[ARNm]]. O ARNtm forma un complexo ribonucleoproteico (o '''RNPtm''' ou, en inglés, '''tmRNP''') xunto coa proteína [[SmpB]] (pequena proteína B), o factor de elongación Tu ([[EF-Tu]]), e a [[proteína ribosómica]] S1. NoNa chamada ''trans''-tradución (ver máis abaixo), o ARNtm e as súas proteínas asociadas únense aos [[ribosoma]]s bacterianos que quedaron bloqueados en medio da [[síntese de proteínas]], por exemplo cando se chega ao final dun [[ARN mensaxeiro]] que perdeu o seu [[codón de parada]]. O ARNtm é moi versátil: recicla os ribosomas que quedaron bloqueados, engade unha marca de indución á [[proteólise]] ao [[polipéptido]] inacabado, e facilita a degradación do [[ARNm]] anormal.<ref>{{cite journal |author=Keiler KC |title=Biology of trans-translation |journal=Annu. Rev. Microbiol. |volume=62 |issue= |pages=133–51 |year=2008 |pmid=18557701 |doi=10.1146/annurev.micro.62.081307.162948 |url= }}</ref> Na maioría das bacterias estas funcións lévanas a cabo ARNtm dunha soa peza. Noutras especies bacterianas, un xene ''ssrA'' permutado produce un ARNtm de dúas pezas, no cal dúas cadeas separadas de ARN se uniron por apareamento de bases.
[[Ficheiro:tRNAmRNAtmRNAComparison.png|miniatura|dereita|350px|O ARNtm combina características de ARNt e ARNm.]]
 
185.792

edicións