Fusión nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
O contido da páxina foi substituído por ". == Véxase tamén == === Outros artigos === * Fisión nuclear * Confinamento magnético {{Física en progreso}} Categoría:Física nucle..."
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
.
A '''fusión nuclear''' é un [[proceso físico]] durante o que se xuntan dous ou máis [[átomo]]s e forman outro átomo de maior número atómico. A fusión nuclear só acontece a temperaturas de varios millóns de [[grao (temperatura)|graos]] e vai seguida dunha enorme liberación de enerxía.
 
O principal tipo de fusión que ocorre no interior das ''estrela''s é o de [[hidróxeno]] en [[helio]], onde catro [[átomo]]s de hidróxeno se xuntan para formar un átomo de helio. Mais como a [[masa atómica|masa]] dun átomo de '''He''' é lixeiramente menor que a dos catro átomos de '''H''', esa diferenza é compensada liberándose [[enerxía]], de acordo coa famosa ecuación [[E=mc²]] de [[Einstein]].
 
A reacción de fusión nas [[Estrela (astronomía)|estrela]]s iníciase coa combinación de catro [[núcleo atómico|núcleos]] de hidróxeno-1 ([[protón]]s) para crear dous de hidróxeno-2. Como resultado, son liberados dous [[positrón]]s ([[electrón]]s positivos) e dous [[neutrino]]s. Estes dous núcleos xúntanse con outros dous núcleos de hidróxeno-1, creando así dous núcleos de helio-3 liberando, simultaneamente, [[radiación gama|radiación gamma]]. Os dous núcleos de helio así formados son inestábeis neste estado e, subsecuentemente, sofren outra reacción nuclear de fusión que resulta nun núcleo de helio-4 e dous de hidróxeno-1.
 
Vale resaltar que hai [[conservación de enerxía]] e, polo tanto, pódese calcular a masa dos catro [[protón]]s e o núcleo de helio, e substraer a suma das masas das partículas iniciais da masa do produto desta reacción nuclear para calcular a masa/enerxía emitida.
 
Utilizando a ecuación [[E=mc²]], pódese calcular a enerxía liberada, derivada da diferenza de masa. Unha vez que o valor do "c" é moi grande (3 · 10<sup>10</sup> cm/s), mesmo unha masa moi pequena corresponde a unha enorme cantidade de enerxía. Este feito levou moitos enxeñeiros e científicos a iniciar proxectos para o desenvolvemento de [[Reactor nuclear#Reactor Nuclear de Fusión|reactores de fusión]] para xerar [[electricidade]]. (Por exemplo, a fusión duns poucos cm<sup>3</sup> de [[deuterio]], un isótopo de hidróxeno, produciría unha enerxía equivalente á producida pola queima de 20 toneladas de [[carbón]]).
 
== Véxase tamén ==