Catarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''catarismo''' un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc (Occitania) durante a Baixa Idade Media. Cátaro significa puro e os seus..."
 
correccións mecanográficas
Liña 1:
O '''catarismo''' é un movemento relixioso de tipo dualista que arraigou especialmente en Languedoc ([[Occitania]]) durante a Baixa [[Idade Media]]. Cátaro significa puro e os seus seguidores practicaban un gran rigorismo moral renunciando ás riquezas materiais, á [[sexualidade]] e afastándose da sociedade xerárquica eclesial co apoio da nobreza local, que vía neles un factor de deslexitimación do poder dos bispos da [[Igrexa Católica]] e do rei de [[Francia]], os cales desputabanlle o poder na nación occitana. Tamén son coñecidos como albixenses pola centralidade que para eles tivo a cidade de Albi nese pais, hoxe parte da Francia actual.
 
==Doutrina==
Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso, [[Xesús de Nazaret]] non se tiña encarnado, nin tiña morto realmente na cruz, e sendo os sacramentos referentes a obxectos materiais, estes eran falsos e perniciosos agás a confesión. Vivían nunha rigorosa austeridade, rexeitaban a sexualidade e toleraban o matrimonio para aqueles que non tivesen aínda a condición de perfectos. A sexualidade bendicida mediante o sacramento do matrimonio era para eles unha aberrciónaberración e un sacrilexio.
 
==Orixes==