The Beach Boys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
Ao pouco tempo Brian escoitaba avidamente a [[Johnny Otis]] no seu programa da KFOX, a emisora favorita de Carl. Inspirado pola estrutura sinxela e as voces das cancións de [[rhythm and blues]] que escoitaba, cambiou o seu estilo de tocar o piano e comezou a compoñer canións. O seu entusiasmo interferíu cos seus estudos de música na escola.
 
As reuións familiares puxeron en contacto aos Wilson co seu curmán [[Mike Love]]. Brian ensinoulle armonías á irmán de Love, Maureen, e posteriormente Brian, Mike Love e dous amigos actuaron no Hawthorne High School. Brian tamén coñeceu a [[Al Jardine]], un compañeiro do instituto que tocaba a guitarra nun grupo [[folk]] chamado The Islanders.
 
The Beach Boys formouse en [[1961]], e nese ano, no mes de decembro, saíu o seu primeiro sinxelo, "[[Surfin']]". A canción foi emitida ao pouco tempo polas emisoras KFWB e KRLA, dúas das radios para adolescentes máis influíntes de [[Los Angeles]]. Foi todo un éxito na costa oeste, chegando ao número 3 no sur de [[California]] e ao 75 nas listas nacionais de [[pop]]<ref>"The Beach Boy Empire" Taylor, Derek. 5 de outubro de 1966. Hit Parader, p13.</ref>. Os seus primeiros éxitos ''Surfin' USA'' ([[1963]]), ''Fun, fun, fun'' ([[1964]]) e ''California girls'' ([[1965]]) falaban sobre unha especie de utopía suburbana adolescente nas praias e arrasaron en todo o país, axudados por arranxos intelixentes e bonitas melodías. O seu primeiro número un alcánzano en 1964 con ''I Get Around'' e máis adiante repiten en 1965 con ''Help me Rhonda''.