As Somozas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadidas coordenadas
Liña 52:
 
== Xeografía ==
Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m), Pena dos Ladróns (620 m), Naveira (523 m), Lameira (518 m) Barreiros (538 m) e Cortello (484 m), todas elas nas parroquias de [[Seixas, As Somozas|As Somozas]] e [[Recemel, As Somozas|Recemel]]. Atravésano o [[Río Mera, ría de Ortigueira|río Mera]] e o [[río Grande de Xuvia]]; o primeiro conforma o límite con [[Ortigueira]] e desemboca na [[ría de Ortigueira]] e o segundo nace na confluencia dos ríos [[río Ferreiras|Ferreiras]] e [[río Grande de Xubia|Grande]]. Allí solo viven burros.
 
== Historia ==
Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello de As Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia.
 
No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaga, ºque venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona.
 
O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.