Carlos I de Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
Dende este momento, o novo emperador tratou de sacar ao [[Imperio Austrohúngaro]] da guerra europea. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 456</ref> A razón principal que lle levou a iso foi a situación económica do país, que non paraba de empeorar, cunha [[inflación]] severa, descontento masivo entre os campesiños polas requisicións de guerra, e forte rexeitamento dos [[sindicato]]s obreiros á militarización da [[industria]]. Ao esvaecerse a fins de [[1916]] a posibilidade que Rusia puidese invadir Austria-Hungría fíxose evidente que [[Alemaña]] era a forza dominante dos [[Imperios Centrais]] no político e o militar, provocando unha nova causa de descontento entre a poboación eslava de [[Imperio austrohúngaro|Austria-Hungría]]. O propio emperador desexaba a [[paz]] pola convicción persoal de que a sangría humana do conflito podería continuar durante moito tempo máis.
 
Sen suficiente capacidade de manobra, durante a primavera de [[1917]] Carlos I mantivo, ás costas de [[Alemaña]], uns [[Escándalo de Sixto de Borbón|polémicos contactos co goberno francés]], que fracasaron, para tratar de alcanzar unha paz por separado cos aliados a través do seu cuñado, o [[Príncipe]] [[Sixto de Borbón-Parma]],<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 457</ref> quen era oficial do exército belga. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> Nas conversacións secretas realizadas entre Sixto e Carlos en [[Viena]], o emperador comprometeuse a defender a devolución de [[Territorio imperial de Alsacia e Lorena|Alsacia e Lorena]] a Francia e o mantemento dunha [[Bélxica]] independente, a cambio de lograr a paz, mentres a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] aceptaría a preservación de Austria-Hungría e Alemaña na súa integridade territorial.
 
O estalido da [[Revolución de Outubro]] en [[Rusia]] causou que Carlos I intensificase os seus esforzos para unha paz negociada, en tanto a derruba rusa reafirmaba a subordinación de [[Imperio austrohúngaro|Austria-Hungría]] respecto a [[Alemaña]] e tamén podería servir de exemplo para unha revolución social extrema nos [[Imperios Centrais]]. En abril de [[1918]], o ministro de asuntos exteriores de Carlos I, o conde checo [[Ottokar von Czernin]], decatado das negociacións de Carlos, presumiu ante a prensa internacional que Francia estaba ''a mendigar a paz'' aos Imperios Centrais, ao que o primeiro ministro francés [[George Clemenceau|Clemenceau]] respondeu facendo públicas as negociacións do emperador austríaco con [[Sixto de Borbón-Parma]],<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 457</ref> causando un gran prexuízo á credibilidade de Carlos e minando a súa posición internacional, pois se ben Carlos informara anticipadamente ao [[Kaiser Chiefs|kaiser]] alemán [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]] sobre as conversacións de paz, non lle mencionou as concesións que Carlos propoñía aos franceses.
Liña 60:
No interior, declarou con motivo do aniversario do seu herdeiro ([[2 de xullo]] de [[1917]]) unha [[amnistía]] dos prisioneiros políticos,<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 457</ref> xesto co que tratou, con escasos resultados, de mostrar a súa disposición a unha nova orde política no imperio. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> De igual xeito, ao longo do ano [[1917]] e a primeira metade de [[1918]], Carlos promulgou diversas normas destinadas a mitigar o descontento social da [[clase obreira]] do seu Imperio, suavizando as severas leis marciais aprobadas ao inicio da guerra. Non obstante, a contenda proseguía e polo tanto as medidas tomadas polo emperador apenas eran paliativos dunha grave situación interna.
 
Tras o afundimento da fronte búlgara en setembro de 1918, Carlos decidiu levar a cabo drásticas medidas reformistas para convencer á [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]] que o [[Imperio Austrohúngaro]] debía salvarse, ou polo menos manterse como unha [[federación]] de estados independentes. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> Con axuda dos seus asesores e do consello de ministros, Carlos I definiu un plan de federalización do país, que se fixo público en outubro de 1918. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 458</ref> Nel o imperio convertíase nunha [[confederación]] onde os seus membros mantiñan plena autonomía política, económica e militar, compartindo unicamente a xefatura do Estado. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> Estes intentos chegaron demasiado tarde e os 'consellos nacionais ''que Carlos fomentou entre as distintas nacionalidades optaron por abandonar ao goberno de Viena en vez de adaptar o plan do emperador. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref>''
 
Iniciada a disolución do Imperio tras a derrota fronte aos [[Italia|italianos]] na [[Batalla de Vittorio Veneto]], e tras resistirse a abandonar o que el consideraba as súas obrigas, Carlos I renunciou á xefatura do Estado o [[11 de novembro]] de [[1918]] e a formar parte de calquera futuro goberno austríaco,<ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref><ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 460</ref> pero non aos seus dereitos como xefe da [[Casa de Austria|dinastía]]. Trataba así de manter a posibilidade de que pervivise a monarquía Habsburgo con outro membro da familia imperial. Partiu de inmediato cara ao exilio en [[Suíza]].<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 461</ref>