Fernando I de Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Ficha de nobre |nome = Fernando I de Austria |título = Emperador de Austria, Rei de Hungría e Bohemia |imaxe = Amerling Ferdinand I.jpg |tamaño de imaxe = 200px |epígrafe = ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2013 ás 15:07

Fernando I de Habsburgo-Lorena. Nado en Viena o 19 de abril de 1793 e finado en Praga, o 29 de xuño de 1875. Segundo Emperador de Austria (1835-1848), ademais de Rei de Bohemia (1835-1848) e de Hungría (1835-1848) co nome de Fernando V. Casou en 1831 coa princesa María Ana de Saboia, (1803-1884) mais non tiveron descendencia.

Fernando I de Austria
Emperador de Austria, Rei de Hungría e Bohemia

Coroación1835
Nacemento19 de abril de 1793
Viena
Falecemento19 de xuño de 1875 [1]
Praga
SepulturaCripta Imperial de Viena
PredecesorFrancisco I
SucesorFrancisco Xosé I
ConsorteMaría Ana de Sardeña
DescendenciaNingún
ProxenitoresFrancisco I
María Teresa das Dúas-Sicilias

Na rede
WikiTree: Habsburg-Lothringen-17 Find a Grave: 22121 Editar o valor em Wikidata

Enfermidade e incapacidade

Primoxénito e sucesor do emperador Francisco I. Debido á consanguinidade dos seus pais padeceu de debilidade mental e ademais sufría ataques de epilepsia. Polo tanto, contou coa rexencia secreta dun consello por decisión do chanceler Klemens von Metternich, que exercía realmente o poder, xunto ao Arquiduque Luis e o Conde Kolowart. Isto fíxose para evitar que a declaración de incapacidade puidese ser outro factor que puxese en risco ao absolutismo. Non obstante o emperador levou un diario coherente no que en ocasións se encontran ata 20 entradas ao día. A pesar de todo parece que as súas capacidades intelectuais eran bastante limitadas.

Matrimoño

 
María Ana de Saboia (1803 - 1884), dona de Fernando I de Austria, retratada por Johann Nepomuk Ender.

O 12 de febreiro de 1831 casouse en Turín coa súa prima a princesa María Ana de Saboia, filla de Vítor Manuel I de Sardeña e da súa esposa, a arquiduquesa María Teresa de Austria-Leste. Non tivo descendencia, e sospéitase que nin sequera consumou o matrimonio.[2] Foi sucedido no trono polo seu sobriño Francisco Xosé I, en quen abdicou.[3]

Revolución de 1848

Cando os revolucionarios se encamiñaban ao pazo o emperador pediu a Metternich unha explicación acerca do que estaba a suceder, ao que o Primeiro Ministro respondeu "Están a facer unha Revolución", ao que o emperador, ao parecer respondeu: Xa, Pero teñen permiso? (Ja, dürfen's denn deas?).

A pesar diso, tras a Revolución de 1848, que se saldou coa caída de Metternich, e aconsellada a familia do monarca polo príncipe Félix de Schwarzenberg, que se fixo cargo do poder, obrigóuselle a abdicar no seu sobriño o arquiduque Francisco Xosé, que reinaría durante 68 anos. [4]No seu diario Fernando escribiu:

O asunto rematou co novo Emperador axeonllado ante o seu vello emperador e Señor, debo dicir, eu, pedíndolle a súa bendición, a cal dei, poñendo ambas as dúas mans sobre a súa cabeza e facendo o signo da Santa Cruz... entón abraceino e biquei o noso novo Señor, e fomos ao noso cuarto. Despois de todo isto, Yo e a miña querida esposa oímos Santa Misa... máis tarde eu e a miña querida esposa fixemos as maletas.

Últimos días

Pasou o resto da súa vida residindo no Castelo de Praga, dada a súa predilección por Bohemia, foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle Ferdinand der Gütige (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces Gütinand der Fertige (Bueninando o Acabado).

Á súa morte, os seus restos foron trasladados á Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft).

Antepasados

Notas

  1. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Ferdinand I. of Austria". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press
  2. van der Kiste, John: Emperor Francis Joseph, Sutton Publishing London, 2005 ISBN 0-7509-3787-4, p 2
  3. Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.
  4. Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Francisco I
 
Rei de Hungría

18301848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I
 
Rei de Bohemia

18351848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I
 
Emperador de Austria

1835 - 1848
Sucesor:
Francisco Xosé I