The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 29:
Jagger, Richards, Jones, Stewart e Taylor realizaron o seu primeiro concerto co nome de "The Rollin' Stones" o [[12 de xullo]] de [[1962]] no Marquee Club<ref>Wyman 2002, pp. 36–37.</ref>. Entre o material que tocaron había cancións de blues de Chicago ademais de temas de [[Chuck Berry]] e [[Bo Diddley]]<ref>Bockris 1992, pp. 42–43.</ref>. O baixista [[Bill Wyman]] uniríase en decembro dese ano e o batería [[Charlie Watts]] en xaneiro de [[1963]] para formar a sección rítmica da banda por moitos anos<ref>Nelson 2010, pp. 14–15.</ref><ref>Wyman 2002, pp. 40–41; 44–45.</ref>. O entón mánager do grupo, [[Giorgio Gomelsky]], aseguroulles unha residencia os domingos pola tarde no Crawdaddy Club, que, segundo Gomelsky, provocou un "renacemento internacional do blues" e foi un aspecto fundamental para a aparición do fenómeno [[Swinging London]]<ref>Jagger et al. 2003, pp. 50–51.</ref>.
 
The Rolling Stones asinaron co mánager [[Andrew Loog Oldham]], un publicista que chegara á banda polos seus anteriores clientes, [[The Beatles]]<ref>Nelson 2010, p. 20.</ref>. Debido a que Oldham aínda non era maior de idade (tiña 19 anos e era máis novo que calquera membro do grupo), el non podía conseguir a licenza de axente, ou asinar calquera contrato sen a sinatura da súa nai. Por necesidade uníuse ao axente [[Eric Easton]]. Gomelsky non tiña ningún acordo por escrito coa banda e non foi consultado<ref>Wyman 1990, pp. 135–136.</ref>. Oldham fixo varios cambios no grupo. Mudou a ortografía do nome de "The Rollin' Stones" a "The Rolling Stones". Quitou o "s" do apelido de Richards, quedando Keith Richard, dicindo que "parecía máis pop"<ref>Bockris 1992, p. 63.</ref><ref>Oldham 2000, p. 222.</ref>. Oldham tamén botou a Stewart da formación. Wyman dixo que Stewart non encaixaba co molde de Oldham de "rapaces guapos, delgados e de pelo longo". Stewart sería road manager, tocando o piano en moitos temas no estudio e en concerto, ata a súa morte en [[1985]]<ref>Oldham 2000, pp. 222–225.</ref><ref>Jagger et al. 2003, p. 62.</ref>.
 
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles "I wanna be your man". Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.