Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

 
== Beatificación ==
Carlos I foi beatificado en [[Roma]] o [[3 de outubro]] de [[2004]], polo papa [[Xoán Paulo II]]. As razóns desta beatificación baséanse nas tentativas que Carlos fixo por promover as vías para a paz en 1917, a través da mediación dos seus cuñados os príncipes Sixto e Xavier de Borbón-Parma, e polo seu apoio á mediación do papa [[BeneditoBieito XV, papa|Bieito XV]], así como polas súas virtudes cristianascristiás.<ref>[http://www.vatican.va/news_services/liturgy/saints/ns_lit_doc_20041003_charles-austria_sp.html Santa Sé. Carlos de Austria (1887-1922)]</ref>
 
Situou a súa vida baixo o signo da [[Eucaristía]] e comprometérase a seguir as ensinanzas de Cristo na súa vida privada e pública. Igualmente soubo seguir o ensino social da Igrexa e as primeiras medidas tomadas por el, en tanto que emperador-rei, foron suprimir o tren de vida da corte para poder axudar á xente máis necesitada e adoptar as reformas sociais necesarias. Creou, baixo a influencia da emperatriz Zita, o primeiro ministerio de asuntos sociais do mundo. Foi chamado no seu tempo polo "Arbeiter Zeitung" (O xornal dos traballadores) «o Emperador do pobo», o que provocou as burlas da aristocracia.