Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

[[Ficheiro:DisgregacióndeAustriaHungría.svg|thumb|300px|left|División de Austria-Hungría en [[1918]].]]
 
En abril de 1919, [[Austria]], tras proclamarse como [[república]], declarara nulos os privilexios políticos e embargado as propiedades da familia imperial, mentres se eliminaban os dereitos nobiliarios. < ref name="sutter"/ > [[Checoslovaquia]] fixera o propio xa apenas rematada a guerra, a comezos de novembro de 1918. < ref name="sutter"/ >
 
O ex emperador Carlos saíu de Hungría o [[1 de novembro]] de [[1921]] coa súa esposa, Zita, levados por un buque da ''[[Royal Navy]]'' británica polo [[Danubio]] ata o porto [[romanés]] de [[Galai (cidade)|Galati]] no [[Mar Negro]]; de aí a ex parella imperial foi trasladada pola mariña británica á illa portuguesa de [[Madeira]] o [[19 de novembro]] do mesmo ano, por decisión de Francia e Gran Bretaña. Alí Carlos morreu de [[pneumonía]] o [[1 de abril]] de [[1922]]. Os seus restos aínda permanecen na illa, na igrexa de ''Nossa Senhora do Monte'' con permiso dos seus sucesores, a excepción do seu corazón, que foi trasladado á cripta dos [[Habsburgo]] en Austria.