Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

O [[24 de marzo]] de [[1921]] o exemperador Carlos abandonou secretamente [[Suíza]] e dende alí viaxou secretamente a Hungría cun pasaporte español falso<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref> para restaurar a [[monarquía]] húngara e ser proclamado rei, alegando que podería contar con apoio do goberno francés para iso. Tras desprazarse a [[Estrasburgo]] en automóbil tomou un tren para Viena como diplomático español, pasando noite na casa dun conde húngaro e viaxando o [[Sábado Santo]] á fronteira húngara en taxi como funcionario da cruz vermella británica. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref>
 
O [[Domingo de Resurrección]] viaxou a Budapest e logrou reunirse en segredo co [[Miklós Horthy|almirante Horthy]] quen nunha discusión persoal rexeitou apoiar esta pretensión <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref> alegando que, pola contra [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] se opoñerían a tal proxecto, mentres os Gobernos da [[Pequena AvinzaEntente]], anunciaban estar dispostas a invadir Hungría e ocupar [[Budapest]] coas súas tropas para impedir a restauración dun Habsburgo no trono (que, segundo temían, podería intentar o restablecemento do [[Imperio Austrohúngaro]] e ameazar a independencia dos seus países). Ambos os dous personaxes acordaron suspender a súa conversación tres semanas, para achar unha solución, pero mentres tanto os nacionalistas húngaros temían que a coroación de Carlos significase resucitar o predominio austríaco sobre Hungría e lograron que o [[parlamento]] maxiar impedise a restauración de Carlos.<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> El mesmo día a xunta de embaixadores da AvinzaEntente, reunida en París, declaraba a súa oposición a aceptar as restauración. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> Ante iso o exemperador (que ao parecer só esperaba ser chamado para reinar ao vencer o prazo de tres semanas) retirouse de [[Hungría]] o [[4 de abril]],<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> sentíndose traizoado por [[Miklós Horthy|Horthy]].
 
Ao seu regreso a Suíza, o Goberno do país endureceu as súas condicións para darlle asilo que debía de ser, en todo caso, temporal. A comezos de maio, a familia trasladouse ao pazo de Hertenstein. Horthy mantiña a súa actitude ambigua co exemperador.
 
Poucos meses despois Carlos intentou novamente forzar a restauración, contando co apoio de militares e políticos húngaros aínda leais aos [[Habsburgo]]: o [[21 de outubro]] de 1921 entrou en avión de novo en Hungría reunindo un continxente de soldados afíns á súa causa para marchar sobre [[Budapest]].<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 465</ref> Se ben os monárquicos e o propio Carlos previran unha marcha pacífica onde as tropas gobernamentais non se atreverían a pechar o paso ao ex emperador (como sucedeu case en toda a ruta de [[Szombathely]] a [[Budapest]]), o Goberno de [[Miklós Horthy]] si estaba disposto a resistir este novo intento e nos arredores da capital batallóns do Exército e voluntarios, na súa maioría estudantes mobilizados polo capitán [[Gyula Gömbös]],<ref>[[#Bibliografía|Szilassy (1971)]], páx. 97</ref> rexeitaron pola forza a uns soldados do continxente monárquico o [[23 de outubro]], mostrando que unha [[guerra civil]] era posible por causa da restauración monárquica. Esa mesma tarde, os Gobernos da Pequena[[Pequena AvinzaEntente| Entente]]Entente enviaron tropas á súa fronteira húngara para impedir que Carlos fose restaurado. Asustado ante a posibilidade dunha guerra civil, e notando que o apoio á súa causa non era unánime, o ex emperador desistiu do seu intento o [[24 de outubro]] e capitulou cos seus seguidores; mentres tanto, o Goberno do [[Miklós Horthy|almirante Horthy]] reaccionaba colocando a Carlos e a súa esposa baixo custodia militar na localidade de [[Tihany]] a beiras do [[Lago Balatón]], accedendo ás presións da [[Pequena AvinzaEntente]] e dos nacionalistas húngaros (unidos no seu empeño de evitar a restauración dos [[Habsburgo]]). [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] tamén manifestaron oficialmente a Horthy o [[29 de outubro]] a súa oposición ao retorno de Carlos ao trono húngaro, apoiando os temores da [[Pequena Entente]].
 
[[Ficheiro:DisgregacióndeAustriaHungría.svg|thumb|300px|left|División de Austria-Hungría en [[1918]].]]
 
A súa abdicación rematou co poder da dinastía dos [[Habsburgo]], dinastía que dominara Europa e o mundo enteiro dende o [[século XV]], cando [[Alberto II de Habsburgo]] se alzou co poder do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] en [[1438]]. Dende ese momento estenderon os seus dominios por toda [[Europa]] e [[América]], alcanzando o seu máximo esplendor no [[século XVI]] con [[Carlos I de España|Carlos V]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] entre [[1519]] e [[1556]].
 
== Beatificación ==
Carlos I foi beatificado en [[Roma]] o [[3 de outubro]] de [[2004]], polo papa [[Xoán Paulo II]]. As razóns desta beatificación baséanse nas tentativas que Carlos fixo por promover as vías para a paz en 1917, a través da mediación dos seus cuñados os príncipes Sixto e Xavier de Borbón-Parma, e polo seu apoio á mediación do papa [[Benedito XV]], así como polas súas virtudes cristianas.<ref>[http://www.vatican.va/news_services/liturgy/saints/ns_lit_doc_20041003_charles-austria_sp.html Santa Sé. Carlos de Austria (1887-1922)]</ref>
 
Situou a súa vida baixo o signo da [[Eucaristía]] e comprometérase a seguir as ensinanzas de Cristo na súa vida privada e pública. Igualmente soubo seguir o ensino social da Igrexa e as primeiras medidas tomadas por el, en tanto que emperador-rei, foron suprimir o tren de vida da corte para poder axudar á xente máis necesitada e adoptar as reformas sociais necesarias. Creou, baixo a influencia da emperatriz Zita, o primeiro ministerio de asuntos sociais do mundo. Foi chamado no seu tempo polo "Arbeiter Zeitung" (O xornal dos traballadores) «o Emperador do pobo», o que provocou as burlas da aristocracia.
 
O [[31 de xaneiro]] de [[2008]] un tribunal eclesiástico recoñeceu, tras 16 meses de investigación, un segundo milagre por mediación do beato Carlos de Habsburgo en [[Florida]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
== Antepasados ==