Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

Tras o afundimento da fronte búlgara en setembro de 1918, Carlos decidiu levar a cabo drásticas medidas reformistas para convencer á [[Tripla Alianza]] que o [[Imperio Austrohúngaro]] debía salvarse, ou polo menos manterse como unha [[federación]] de estados independentes. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> Con axuda dos seus asesores e do consello de ministros, Carlos I definiu un plan de federalización do país, que se fixo público en outubro de 1918. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 458</ref> Nel o imperio convertíase nunha [[confederación]] onde os seus membros mantiñan plena autonomía política, económica e militar, compartindo unicamente a xefatura do Estado. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref> Estes intentos chegaron demasiado tarde e os 'consellos nacionais ''que Carlos fomentou entre as distintas nacionalidades optaron por abandonar ao goberno de Viena en vez de adaptar o plan do emperador. <ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref>''
 
Iniciada a disolución do Imperio tras a derrota fronte aos [[Italia|italianos]] na [[Batalla de Vittorio Veneto]], e tras resistirse a abandonar o que el consideraba as súas obrigas, Carlos I renunciou á xefatura do Estado o [[11 de novembro]] de [[1918]] e a formar parte de calquera futuro goberno austriacoaustríaco,<ref>Sutter-Fichtner, Paula: "The Habsburg Empire in World War I, a final Episode in dynastic History", East European Quarterly', 11:4 (1977)</ref><ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 460</ref> pero non aos seus dereitos como xefe da [[Casa de Austria|dinastía]]. Trataba así de manter a posibilidade de que pervivise a monarquía Habsburgo con outro membro da familia imperial. Partiu de inmediato cara ao exilio en [[SuizaSuíza]].<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 461</ref>
 
== Breve exilio ==