Xeografía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2817287
→‎A Costa: formato referencia
Liña 7:
O territorio de [[Galicia]] está comprendido entre 43º 48' N ([[Estaca de Bares]]) e 41º 49' N (fronteira con Portugal no parque do Xerés) en latitude. En lonxitude, entre 6º 44' O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º 18' O (acadado practicamente en dous lugares: cabo da Nave en Fisterra e cabo Touriñán).
 
==A Costacosta==
[[Ficheiro:Portos de Galicia.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Porto (comunicacións)|Portos]]]]
A costa galega conta con 1.195 quilómetros <ref>[http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/litoral Litoral]], na web da Consellería de Pesca.</ref> e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves e dunha elevada diversidade paisaxística e litolóxica. Altérnanse, pois, lugares con características diferentes, como [[Corrubedo]] nas Rías Baixas ou a [[Rasa Cantábrica]] na [[Mariña de Lugo]], a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o [[Dunas de Corrubedo|Parque Dunar de Corrubedo]] e a [[Praia de Augas Santas]] (tamén coñecida como [[Praia das Catedrais]]).
 
A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.
Liña 17:
No treito litoral das Rías Baixas tamén se poden diferenciar varias unidades: o sector entre [[O Ézaro]] e o Louro, a ría de Muros e Noia, a ría de Arousa, a ría de Pontevedra, a ría de Vigo e a área dende [[cabo Silleiro]] ata o [[estuario|esteiro]] do [[Miño]].
 
===As Ríasrías===
[[Ficheiro:Ría de arousa01.JPG|miniatura|250px|esquerda|A [[ría de Arousa]] constitúe a maior ría galega en superficie]]
Xeograficamente, unha das peculiaridades de [[Galicia]] é a presenza das [[ría]]s, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en [[Rías Altas]] e [[Rías Baixas]], segundo a súa posición respecto a [[Fisterra]] como punto máis occidental de Galiza.