Angazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Etimoloxía ==
Non existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos ''angazo'' e ''engazo'', e mais as variantes correspondentes ás zonas de [[gheada]] e [[seseo]], poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada ''hamicaceus''<ref>Ou en ''hamica'' como postula Harri Meier en ''Notas críticas al DECH de Corominas / Pascual''. ''Verba. Anuario Galego de Filoloxía'', anexo 24, 1984, pp 24-26</ref>, e que derivaría de ''hamus'' (co significado [[latín clásico|clásico]] de [[anzol]] ou gancho)<ref>J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo, Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. 1979, 5ª edic.</ref>. ''Anciño'' e ''enciño'', e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada ''uncinus'', que sería derivada de ''uncus'' (co significado clásico de gancho)<ref>Porto Dapena, J.A., El gallego hablado en la comarca ferrolana. Verba, Anejo 9. Santiago 1977, páx. 67 infra.</ref>. Finalmente, os termos ''rastra'' e ''rastrelo'' deberon ter orixe na forma do latín clásico ''rastrum'', que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola. Tamén pode vir de xermánico *angon = 'espiña, pincho'<ref>Orel - A handbook of germanic etymology
</ref>.
 
== Descricion ==