Lípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 90:
As células eucarióticas están compartimentalizadas en [[orgánulo]]s rodeados de membrana que levan a cabo diferentes funcións biolóxicas. Os [[fosfoglicérido]]s son o principal compoñente estrutural da [[bicapa lipídica]] das [[membrana celular|membranas celulares]], como a [[membrana plasmática]] e as membranas intracelulares dos orgánulos. Nas células animais a membrana plasmática separa fisicamente os compoñentes intracelulares do medio extracelular. Os fosfoglicéridos son moléculas [[anfipático|anfipáticas]], xa que conteñen unha rexión [[hidrofóbico|hidrófoba]], formada polas colas de ácidos graxos unidos ao glicerol, e outra [[hidrófilo|hidrófila]], formada pola cabeza polar onde está o fosfato e unha molécula polar. Isto permite que se orienten nas membranas coa rexión hidrófoba cara ao interior e a hidrófila cara ás superficies da membrana. Ademais dos fosfoglicéridos, nas membranas hai outros compoñentes que non conteñen [[glicerol]], como as [[esfingomielina]]s e os [[esterol|esterois]] (principalmente [[colesterol]] nas membranas animais).<ref>Stryer ''et al.'', pp. 329–331</ref> En plantas e algas, os galactosildiacilglicerois,<ref name="Heinz">Heinz E.(1996). Plant glycolipids: structure, isolation and analysis. in ''Advances in Lipid Methodology - 3'', pp. 211–332 (ed. W.W. Christie, Oily Press, Dundee)</ref> e o sulfoquinovosildiacilglicerol,<ref name="pmid17599463"/> o cal carece de grupo fosfato, son tamén compoñentes importantes das membranas dos cloroplastos e orgánulos relacionados e son os lípidos máis abundantes nos tecidos fotosintéticos de plantas superiores e algas e tamén en certas bacterias.
 
[[Ficheiro:Phospholipids aqueous solution structures-gl.svg|miniatura|250px|Autoorganización dos fosfolípidos: un [[liposoma]] esférico, unha [[micela]], e unha [[bicapa lipídica]].]]
 
Unha membrana biolóxica é unha forma de [[bicapa lipídica]]. A formación de bicapas lipídicas é un proceso favorecido enerxeticamente cando os fosfoglicéridos se encontran nun ambiente acuoso.<ref>Stryer ''et al.'', pp. 333–34.</ref> Isto coñécese como [[efecto hidrofóbico]]. Nun sistema acuoso, as cabezas polares dos lípidos alíñanse cara ao medio acuoso polar, mentres que as colas hidrofóbicas minimizan o seu contacto coa auga e tenden a agruparse, formando unha [[vesícula]]; e dependendo da concentración do lípido, esta interacción biofísica pode orixinar a formación de [[micela]]s, [[liposoma]]s, [[bicapa lipídica|bicapas lipídicas]] ou outras agregacións. O [[comportamento de fase]] dos lípidos é unha área de estudo dentro da [[biofísica]].<ref name="pmid18216768">{{cite journal |author=van Meer G, Voelker DR, Feigenson GW|title=Membrane lipids: where they are and how they behave |journal=Nature Reviews Molecular Cell Biology |volume=9 |issue=2 |pages=112–24 |year=2008 |pmid=18216768 |doi=10.1038/nrm2330 |pmc=2642958}}</ref><ref name="pmid17051225">{{cite journal |author=Feigenson GW|title=Phase behavior of lipid mixtures |journal=Nature Chemical Biology |volume=2 |issue=11 |pages=560–63 |year=2006|pmid=17051225 |doi=10.1038/nchembio1106-560 |pmc=2685072}}</ref> <ref>{{cite journal |author=Wiggins PM|title=Role of water in some biological processes |journal=Microbiological Reviews |volume=54 |issue=4 |pages=432–49 |year=1990 |pmid=2087221 |pmc=372788}}</ref> Cando se disolve unha substancia lipofílica ou [[anfifílico|anfifílica]] nun medio polar, as moléculas polares (é dicir, a auga nas disolucións acuosas, que son as máis comúns) sitúanse máis ordenadamente arredor da substancia lipofílica disolta, xa que a moléculas polares non poden formar [[enlace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] coas áreas lipofílicas da molécula, polo que nun medio acuoso, as moléculas de auga forman unha gaiola de "[[clatrato]]" ordenada arredor da molécula lipofílica disolvida.<ref>{{cite journal |author=Raschke TM, Levitt M|title=Nonpolar solutes enhance water structure within hydration shells while reducing interactions between them |journal=Proceedings of the National Academy of Sciences U.S.A|volume=102 |issue=19 |pages=6777–82 |year=2005 |pmid=15867152 |doi = 10.1073/pnas.0500225102 |pmc=1100774}}</ref>