Orense Nuevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} '''''Orense Nuevo''''' foi un semanario que se editou en Ourense entre 1910 e 1911. ==Traxectoria== Apareceu en decembro de 1910. Periódico re..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2013 ás 22:16

Orense Nuevo foi un semanario que se editou en Ourense entre 1910 e 1911.

Traxectoria

Apareceu en decembro de 1910. Periódico republicano vencellado ao Partido Radical, estaba promovido por Amando Garra Castellanzuelo. Estivo dirixido por Juan Contreras Lobit, que foi substituído en febreiro de 1911 por José Marcos. Enfrontado con El Bombo, foi denunciado en agosto de 1911, e en novembro foi desautorizado como órgano do Partido Radical. Cesou a sú publicación en decembro de 1911[1].

Notas

  1. Noticia en La Correspondencia de España, 23-11-1911, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.