Bráctea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 23 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q729496
m arranxiño na ligazón
Liña 1:
[[Ficheiro:Bráctea Taraxacum officinale.jpg|miniatura|250px|Brácteas na leitaruga]]
 
Unha '''bráctea''', termo usado en [[botánica]] e introducido por [[Linneo|Carl von Linné]], é un órgano foliáceo na proximidade das [[flor]]es e diferente ás follas normais e as pezas do [[perianto]]. Malia a súa cor ser verde, a súa función principal non é a [[fotosíntese]], senón protexeren as flores ou [[inflorescencia]]s.
 
Adoitan ser de menor tamaño que as follas normais e nalgúns casos son máis grandes que a flor. Noutros casos, como no caso das compostas ([[Asteraceae]]), son moi pequenas, como ocorre por exemplo nas brácteas da leitaruga (''[[Taraxacum officinale]]'') que poden apreciarse na imaxe.